A área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo abre mañá – 1 de maio- a convocatoria de axudas á recría de Raza Rubia Galega do programa Marela!.
O Boletín Oficial da Provincia publica hoxe as bases da convocatoria con axudas de 400 € por xovencas nacidas na propia granxa , que teñan acreditado un parto antes dos 36 meses e que estean inscritas no Rexistro Definitivo do Libro Xenealóxico de Raza Rubia Galega de ACRUGA.
O importe máximo das axudas por granxa increméntase nesta terceira edición ata os 4.000. euros. O prazo de solicitude é de 10 días hábiles, do 1 ao 15 de maio, ambos incluídos. Os formularios están dispoñibles na páxina web da Deputación de Lugo, na sección Medio Rural e Mar
O deputado de Rural Daniel García explicou “damos continuidade a un programa que na pasada convocatoria chegou a 273 ganderías da provincia”.”Tratase dunha achega económica coa que se pretende apoiar a actividade de gandeiras e gandeiros que conservan e melloran un patrimonio xenético e que sustentan parte da gandería de vacún de carne na provincia, poroducindo carne de calidade e contribuíndo a conservación do territorio e á fixación de poboación no rural”.
A convocatoria Marela! encádrase no apoio da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo ás ganderías de razas autóctonas galegas, que este ano se reforza cunha nova convocatoria dirixida á preservación das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa e das razas Ovella e Cabra Galega, consideradas en risco de erosión xenética. A convocatoria desa nova liña de axudas -o programa Morenas – está previsto para mediados do mes de maio.
Galego









Control OJD