Máis dun cento de participantes no Túnel do Viño de Monterrei celebrado na Coruña

Publicidade
Máis dun cento de participantes no Túnel do Viño de Monterrei celebrado na Coruña

Algúns dos viños que se degustaron no Túnel do Viño celebrado na cidade herculina en días pasados.

A última actividade promocional da Denominación de Orixe (DO) Monterrei, o Túnel do Viño celebrado na Coruña, contou con máis dun centenar de profesionais procedentes de toda a provincia.

Durante catro sesións baixo estritas medidas hixiénico-sanitarias, membros do sector da restauración e hostalaría, catadores ou distribuidores, entre outros, coñeceron as peculiaridades desta denominación vitivinícola galega. Nesta iniciativa recibiron información sobre as características de solo e clima, variedades de uva, tipoloxías de viño ou importancia da viticultura na historia e economía da comarca.

Entre os asistentes ao Túnel do Viño da DO Monterrei na Coruña atopábanse catadores como Carlos Santos (de Makro), Marcos Eire Fernández (Árbore da Veira, Estrella Michelín), José Luis Cao (Restaurante Divino), Natalia Cid (Grupo Montesquiero), Jacobo Semín (Pulpería Muíño Vello), Eduin Ignacio Vallejo (Taberna Contemporánea EME), Antía Arance (Casa Paquita), Cecilia Fabro (Argentina) o Jorge Cajete (Vinoteca O Carro), entre outros. Así como, Francisco Santiso (export manager Singular Galician Cellars), Marta Juega Rivera (delegada de compras de Alliance Wine), Fernando Estévez (gerente del grupo Cafeterías Herculinas), Manuel Corralero (Distribuciones Pfiema), Jesús López (Crianza Distribución), Iria Taboda (tienda de vinos O Trasno), Daniel Vázquez (Licores Rivas), representantes de Hotel Exe, Pazo de Vilaboa, Central Park, Roots, O Burato, etc.

Nesta ocasión, os participantes puideron degustar os tintos e brancos das seguintes adegas da DO Monterrei: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

O Túnel do Viño da Coruña atópase dentro do ciclo de iniciativas promocionais organizadas pola denominación para este 2021, que permitirá que os viños de Monterrei visiten diferentes cidades do país. “Estas dúas últimas accións están a demostrarnos o importante que é recuperar a promoción cara a cara, presentar o noso produto aos prescriptores, achegarlles as peculiaridades do noso territorio vitivinícola, e servir de lanzadeira de comercialización aos nosos asociados”, recoñece a presidenta do Consello Regulador de Monterrei, Lara Da Silva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información