Máis dun centenar de persoas inscritas no encontro estatal de gandaría extensiva: Territorios Pastoreados 7 que se celebra a partir de mañá en Lugo

MVMC Espiñarcao (Abadin) gando comuneirosA Fundación Entretantos xunto á Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF), organiza a sétima edición de Territorios Pastoreados 7 (TP7), un encontro estatal que acolle en Lugo do 18 ao 21 de setembro de 2024 a máis de 150 persoas para falar das propostas e retos da gandaría extensiva e o pastoreo. Este gran foro de debate servirá para compartir experiencias e coñecemento ao redor da gandaría extensiva con todos os sectores implicados na súa cadea de valor (gandeiros, pastores, xestores, técnicos e científicos).

Ao longo das súas sete edicións, Territorios Pastoreados consolidouse como unha das citas europeas e o principal evento estatal no sector. Tras a súa celebración en en Madrid, Zaragoza, Plasencia, Xirona, Tudela e Valencia este ano o encontro organizouse en Lugo xunto a Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF), e xunto a unha ampla rede de entidades colaboradoras como a Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a Plataforma pola Gandaría Extensiva e o Pastoralismo (PGEP), o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO), o International Year of Rangelands and Pastoralists 2026, o Ministerio de Dereitos Sociais – Axenda 2030, a Fundación Funpasos, o Proxecto #NaturalezaPastoreada, Life ShepForBio, a Universidade de Santiago de Compostela e a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galicia (OVICA)

Detalles do encontro e entidades colaboradoras

O encontro cóntase entre os seus relatorios con temáticas que abordan o presente e o futuro do sector en territorio, destacando:

– o consumo, a posta en valor e diferenciación de produtos procedentes de gandaría extensiva
– a diversificación económica do pastoreo
– a gandaría como instrumento de conservación
– o pastoreo na xestión tradicional de montes
– a adaptación ao cambio climático
– a transhumancia

Todo isto nun momento moi especial e crítico para este sector, onde a propia ONU declarou 2026 como Ano Internacional dos Pasteiros e do Pastoreo.

Consulta o programa completo aquí.

territorios pastoreados 24 gal.png

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información