Máis de setenta participantes na última acción promocional da DO Monterrei en Ferrol

Publicidade
Máis de setenta participantes na última acción promocional da DO Monterrei en Ferrol

Algúns dos viños da DO Monterrei promocionados no acto organizado polo Consello Regulador en Ferrol.

A última actividade promocional do DO Monterrei, celebrada na cidade de Ferrol, congregou a máis de setenta asistentes do sector da restauración, hostalaría e distribución. Este Túnel do Viño da DO Monterrei realizouse no Centro Torrente Ballester e contou coa participación de catadores, responsables de establecementos e canle de distribución.

Entre os asistentes atopábanse nomes destacados do sector como O Bacoriño, O Camiño do Inglés, Mesón Picasso, Illas Gabeiras, Mesón Alfonso, Restaurante Nautilus, Mesón Ourra, Vinoselección, Distribuidores Rivas, Distribuciones Almacenes Orense, Distribuidores JM o Janel Distribuciones, entre otros.

Na cita participaron 21 adegas adscritas á DO de Monterrei

Todos os participantes recibiron información sobre a historia e cultura vitivinícola de Monterrei, variedades de uva, características de solo e clima ou diferentes tipoloxías de viño. Ademais, cataron o produto de 21 adegas da denominación: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) e Manuel Vázquez Losada.

Esta iniciativa atópase dentro do ciclo de accións promocionais realizadas pola denominación para este ano, e que xa permitiu que os viños de Monterrei viaxaran a San Sebastián, Oviedo, Santiago de Compostela, Santander ou Madrid, entre outras cidades.

“Ferrol é un dos nosos destinos fixos no calendario, e este ano debiamos volver a esta cidade, non só para agradecer o traballo de tódolos que seguiron apostando por Monterrei nas súas mesas, senón tamén para amosar que a aposta pola calidade é a máxima que seguen os nosos viticultores e adegueiros, e por tanto os nosos brancos e tintos son sempre unha garantía de éxito”, destaca a presidenta do Consello Regulador de Monterrei, Lara Da Silva.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información