Máis de 80 persoas participaron na xornada formativa organizada por Central de Frades para abordar os retos actuais da gandería

Expertos do ámbito veterinario e agronómico analizaron cuestións clave como a xestión de persoal, a bioseguridade, a norma8va de fertilización e o deseño de instalacións gandeiras

COOPERATIVA FRADES XORNADA FORMACION 26 1A Coopertiva Central de Frades, en colaboración coas ADSG de Gando Vacún de Frades, Mesía e Boimorto, celebrou a pasada semana unha xornada formativa que reuniu a máis de 80 persoas gandeiras e profesionais do sector na Finca Restaurante O’Cadaval.

A inicia)va, de carácter gratuíto, tivo como obxectivo ofrecer unha visión práctica e actualizada sobre algúns dos principais desafíos aos que se enfrontan hoxe as explotacións gandeiras, combinando contidos técnicos, normativos e de xestión empresarial.

A xornada foi inaugurada polo veterinario Antonio Souto Ferraz, do servizo técnico de Rumiantes de HIPRA, quen abordou a xestión de persoal nas explotacións gandeiras, un dos aspectos máis complexos e determinantes para a viabilidade das granxas na actualidade.

Posteriormente, o enxeñeiro agrónomo Manuel Crespo, director de especialidades do Grupo Soaga, centrou a súa intervención na nutrición vexetal, facendo especial fincapé na normativa de fertilización vixente e nas tecnoloxías que marcarán o futuro do sector.

O profesor e investigador da Facultade de Veterinaria da Universidade Complutense de Madrid, Alberto Díez Guerrier, analizou as enfermidades emerxentes e destacou a importancia da bioseguridade como ferramenta clave para a prevención e protección das explotacións.

Tras a comida, a xornada pechouse coa intervención de Alberto Jurado, responsable de instalacións gandeiras do Grupo COVAP, quen expuxo os puntos clave no deseño de instalacións orientadas a mellorar a funcionalidade, o benestar animal e a eficiencia produtiva das granxas.

Desde Central de Frades valoran moi positivamente a elevada par4cipación e o interese amosado polas persoas asistentes, subliñando que esta iniciativa forma parte do seu compromiso coa formación continua, a transferencia de coñecemento e o impulso á competividade e sustentabilidade das explotacións gandeiras da comarca.

COOPERATIVA FRADES XORNADA FORMACION 26 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información