Máis de 60 expertos citaranse en Cimag-Gandagro

O certame agrogandeiro celébrase en Silleda do 19 ao 21 de febreiro na Feira Internacional de Galicia.

Máis de 60 expertos citaranse en Cimag-Gandagro

Xornada técnica en Cimag 2013.

Máis de 20 conferencias distintas e unha ducia de concursos, presentacións e exposicións conformarán o programa da Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Cimag-GandAgro 2015, a cal se celebrará do 19 ao 21 de febreiro na Feira Internacional de Galicia.

As conferencias terán un papel destacado nesta programación pola súa diversidade, relevancia e actualidade, convertendo ao certame nun interesante foro de análise e coñecemento. Así, acollerá a II Xornada Técnica para Veterinarios Especialistas en Vacún, na cal as contaminacións alimentarias, a resistencia a antibióticos, períodos de espera en función das taxas de concepción e o control de rabaños coa bacteria uberis serán os temas centrais; e tamén o XIX Monográfico de Gando Porcino, que abordará aspectos técnicos de gran interese para o incremento da superviviencia dos leitóns.

Unirase a elas unha xornada centrada nas perspectivas do sector lácteo español ante un futuro sen cotas, na que se tratarán temas de máxima relevancia, como o sector lácteo en Galicia ante un escenario liberalizado. Ademais, celebraranse xornadas en cuxas conferencias se expoñerá a conservación de forraxes, novos conceptos de fertilización, a situación actual da mecanización en Galicia, a normativa para a maquinaria ou a potencialidade do porco celta, ademais dun encontro que tratará distintos aspectos da Semana Verde de Galicia, como a súa incidencia no campo galego ou o seu futuro.

Concursos de Cimag-GandAgro

Os concursos tamén terán un papel importante dentro da feira, celebrándose os morfolóxicos XXXIII Concurso Internacional e XXIV Autonómico da Raza Frisona, nos cales participarán 187 exemplares de alta xenética; o VIII de Preparadores de Gando e o XXXI de Xóvenes Manexadores. Así mesmo, levaranse a cabo dous concurso que premiarán innovacións tecnolóxicas que redunden na mellora do rural e na optimización das súas explotacións e recursos, GandAgro Innova e Máquinas Destacadas, aos cales concorren 30 propostas.

Nas presentacións os protagonistas serán tanto produtos, como un innovador insecticida para o cultivo do millo e unha nova gama de pneumáticos para o sector, como técnicas vinculadas co ámbito gandeiro, como a equitación terapéutica con cabalos de pura raza galega. Ademais, levaranse a cabo exposicións de todas as razas autóctonas en perigo de extinción e tamén sorteos.

Serán máis de 60 expertos de distintos ámbitos dos sectores da maquinaria, a agricultura e a gandería os que conduzan ou participen na realización das conferencias, concursos, presentacións e exposicións.

Por outra banda, a este completo programa uniranse moitas actividades realizadas polos propios expositores nos seus stands.

Campo Galego informará dende Cimag-GandAgro 2015 das principais actividades e novidades. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información