A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Máis de 400 persoas asisten á xornada de portas abertas na gandería SAT Caamaño, a primeira de Galicia en instalar un robot de muxido Lely Astronaut A5 Next

XORNADA LELY SAT CAAMANHO 25 7Máis de 400 persoas déronse cita este mércores nunha xornada de portas abertas na gandaría SAT Caamaño, no concello coruñés de Mazaricos. A xornada estivo organizada por Lely, coa colaboración de Kersia, Bioprana, O Rubio Maquinaria, B.B.T, Bragt, Arquitectura e enxeñería Rodríguez, Piensos Albores, Elmega, Sense Hub e a queixería TGT, a industria que lle merca o leite a SAT Caamaño, e que ofreceu unha cata dos seus queixos que elabora na planta da Picota.

SAT Caamaño apostou pola robotización do muxido no 2014 e neste momento conta na actualidade con 4 robots de muxido (2 Lely Astronaut A4, un Lely A5 e o xa comentado A5 Next), ademais ten un arrimador de comida Lely Juno Flex e un Lely Collector C2 para a limpeza dos seus patios.

“Foi unha xornada festiva e con moi boas sensacións, na que o público asistente puido ver a granxa e comprobar como funciona o novo Lely Astronaut A5 Next, que leva unha semana instalado na granxa, e do que os comentarios dos asistentes foron moi positivos”, destaca Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia. 

Asemade, o responsable de Lely mostra o seu agradecemento “tanto a SAT Caamaño por abrirnos as portas da súa granxa como a todos os colaboradores que se implicaron para que este evento fora un éxito”. A xornada rematou cun xantar de confraternidade.

XORNADA LELY SAT CAAMANHO 25 6 XORNADA LELY SAT CAAMANHO 25 5 XORNADA LELY SAT CAAMANHO 25 4 XORNADA LELY SAT CAAMANHO 25 1 XORNADA LELY SAT CAAMANHO 25 2 XORNADA LELY SAT CAAMANHO 25 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *