A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Máis de 40 profesionais asisten en Lugo á xornada técnica de Ecofeed sobre produción gandeira ecolóxica

Máis de 40 profesionais asisten en Lugo á xornada técnica de Ecofeed sobre produción gandeira ecolóxica

Un ano máis a transmisión de información técnica aos gandeiros e profesionais foi un éxito reunindo a máis de 40 profesionais do sector gandeiro interesados na produción ecolóxica.

O encontro, organizado por Ecofeed (Campoastur) foi durante a mañá do día 9 de abril no CEI Nodus do Concello de Lugo abordando varios temas clave con coñecementos prácticos. Despois da presentación da xornada houbo dúas charlas de aproximadamente unha hora cada unha.

A primeira foi de Manuel Cerviño, técnico de rumiantes de Boheringer Ingelheim, que falou das enfermidades emerxentes en gando vacún ecolóxico. A segunda foi para Carlos Martín, técnico de Cargill, que falou da relación entre a nutrición e a inmunidade en gando vacún ecolóxico.

Colaboraron no encontro o Concello de Lugo, Boheringer Ingelheim e Cargill.

EcoFeed é unha marca propiedade da cooperativa “CAMPOASTUR”, destinada á comercialización de alimentos ecolóxicos para animais.
https://campoastur.es/piensos-ecologicos-ecofeed/

xornada lugo ecofeed campoastur

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *