A Fundación Arume desenvolverá o próximo martes 28 de outubro a quinta edición de ‘Piñeiros’, o encontro internacional especializado nas coníferas, que se desenvolverá na Cidade da Cultura (Edificio Fontán). Máis de 300 persoas xa se inscribiron para asistir presencialmente ó evento, que terá ademais difusión en streaming a través das redes sociais de Pino de Galicia e deste link.
Este ano, como novidade, Piñeiros 25 terá 2 xornadas técnicas adicionais o día 30 no Centro de Investigación Forestal de Lourizán (Pontevedra) e na Casa RIA (Santiago).
O evento principal de Piñeiros 25, o martes 28 na Cidade da Cultura, arrancará cunha conferencia principal sobre o pabellón español na Bienal de Arquitectura de Venecia e con tres bloques temáticos que abordarán cuestións de destacada actualizada a nivel social e forestal. Un primeiro bloque abordará o futuro da vivenda, analizando o papel da madeira como transformador do mercado inmobiliario. A continuación, tratarase a situación de sanidade forestal das coníferas e o evento pecharase á tarde cun debate sobre o piñeiro como elemento cultural en Galicia.
Piñeiros 25 contará con Uruguai e Chile como países convidados, con ponentes de ambos países que explicarán claves do seu traballo tanto no ámbito da construción en madeira como no da sanidade forestal.
Chile destaca como un expoñente mundial na mellora xenética de piñeiro radiata, unha especie tamén amplamente estendida en Galicia; en tanto o caso uruguaio, a nivel forestal, interesa pola súa experiencia co piñeiro taeda, unha conífera que se está introducindo en Galicia debido a súa resistenza a enfermidades e pragas, caso do fungo das bandas e do nematodo do piñeiro. Piñeiros 25 conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través de XERA, Axencia Galega da Industria Forestal.
PROGRAMA PIÑEIROS 25. V Encontro Intersectorial do Piñeiro de Galicia
Data: martes, 28 de outubro de 2025
Lugar: Edificio Fontán – Cidade da Cultura, Santiago de Compostela
08:45 Recepción e acreditación de asistentes.
09:15 Apertura.
• Xosé Mera, presidente da Fundación Arume.
• Representante institucional da Xunta de Galicia.
09:30 Internalities: arquitecturas para un equilibrio territorial.
• Apertura: Iñaqui Carnicero, Secretario Xeral de Axenda Urbana, Vivenda e Arquitectura.
• Roi Salgueiro e Manuel Bouzas, comisarios do pabellón de España na Bienal de Arquitectura de Venecia 2025.
• Modera: Daniel Ibáñez, director do IAAC.
10:15 O futuro da vivenda: como a construción con madeira pode transformar o mercado inmobiliario.
• Modera: Vanesa Baño, senior researcher en proxectos europeos en InnovaWood.
• Javier Burón Cuadrado, director xerente de Nasuvinsa.
• Juan Antonio Gómez Pintado, presidente do Grupo Vía Agora.
• Cazú Zegers, arquitecta. Fundadora e directora do Estudio Cazú Zegers.
• Jordi Carbó, socio arquitecto en Celobert Cooperativa.
11:45 Pausa café.
12:15 As doenzas dos piñeiros. Experiencias e leccións aprendidas dende América Latina para Galicia.
• Modera: Carlos Faroppa, ex-director xeral Forestal de Uruguai.
• Rodrigo Ahumada, Subgerente de Sanidad Forestal y Silvicultura. Centro de Excelencia – ARAUCO (Chile).
• Juan Pedro Posse, director da Estación Experimental de INIA Tacuarembó (Uruguai).
• Carlos Iglesias, responsable de desenvolvemento forestal de VETA (Finsa).
13:45 Xantar.
15:30 O piñeiro como elemento cultural en Galicia.
• Modera: Lourenzo Fernández-Prieto, director do CISPAC.
• Miguel Anxo Seixas, Presidente da Fundación Castelao.
• Patricia Blanco, Fundación Eduardo Pondal.
• Ramón Collazo, presidente da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira.
17:00 Peche. Representante institucional.
Galego










Control OJD