Máis de 200 persoas, entre gandeiros e técnicos do sector, asistiron este venres á xornada técnica “A granxa do futuro, xa é presente”, en gandería Pastora SC, no concello coruñés de Muxía. Esta explotación leiteira galega foi a primeira en apostar en xullo de 2024 polo sistema de batch milking ou muxido robotizado en lote de GEA, para as súas máis de 400 vacas en muxido. En concreto, intalaron 8 robots en liña DairyRobot R9600 GEA. Tamén empregan dende hai anos a biotecnoloxía de Bioprana para mellorar o valor fertilizante dos seus xurros e reducir a súa pegada de carbono.
A xornada comezou cun relatorio sobre “Radiografía do sector lácteo: Transformación e resiliencia fronte ao cambio climático”, a cargo de Victoria Carballeira, responsable de proxectos de sustentabilidade, na consultora Medrar; e de Alejandro Vergara, CEO de ODOS.
Seguidamente, Fernando Rey e Zaira Hermida, en representación da empresa galega Bioprana, falaron sobre o impacto desta biotecnoloxía na descarbonización do sector lácteo. Como convidado especial, tamén se contou coa presenza de Bernardo Mora, enxeñeiro químico, docente, investigador e consultor internacional, que presentou un relatorio sobre “O gran potencial do xurro”.
A parte técnica concluíu co n unha presentación sobre “Batch milking: a robotización ao servizo do gandeiro”, por parte do equipo de GEA.

Galego









Control OJD