Maio remata con baixada dos becerros de recría en Silleda

A sesión deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizouse pola baixada dos becerros de recría e a suba do vacún maior. O porco cebado tamén sube e baixan os ovos

Maio remata con baixada dos becerros de recría en Silleda

A sesión da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA deste martes caracterizouse pola baixada dos becerros de recría, mentres que sobe o vacún maior. Nas mesas de cotizacións, o porco cebado tamén cotiza á alza e baixan os leitón e os ovos

En gando vacún, os becerros de raza Frisoa baixaron en todas as categorías. Na menos de 20 días a cotización media foi de 132euros por xato, 14 menos que o pasado martes. Na categoría de 21 a 50 días, a máis numerosa e representativa, os prezos tamén caeron ata unha media de 161 euros por xato, fronte aos 181 do pasado martes. E nos tenreiros de máis de 51 días acadouse un prezo medio de 189 euros, 33 menos que a pasada semana.

A tendencia á alza foi similar nos becerros de Cruzamento industrial, pero con excepcións. Asi, na categoría de menos de 20 días as cotizacións medias nos machos subiron ata os 310 euros, fronte aos 307 da pasada poxa. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos mantívose sen cambios nunha media de 339 euros por animal, igual que a pasada semana. Nas femias houbo unha clara baixada: unha cotización media de 227 euros por animal, 28 menos que o pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días os prezos nos machos tamén foron á baixa: 446 euros, fronte aos 496 do pasado martes. Nas femias a baixada tamén foi evidente: 329 euros de media por animal, fronte aos 348 da pasada semana.

Polo que respecta ao vacún maior, a tendencia foi a unha suba de prezos, agás na categoría primeira. Deste xeito, quedaron en 1.061 euros de media en categoría primeira, 754 en segunda -a máis numerosa- e 464 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.067, 718 e 464 euros, respectivamente.

SILLEDA_MAIO_6_VACUN

Suba no porcino e baixada nos ovos

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos baixaron as cotizacións en todas as categorías, agás na XL que se mantivo nos 1,47 euros a ducia. O resto baixan 0,02 euros a ducia, quedando a L en 1,16 euros, a M en 1,06 euros e a S cotizouse a 0,91 euros a ducia. As galiñas de desvelle quedan nun intervalo de entre 0,09 e 0,15 euros o quilo.
Na Lonxa de Madrid  o coello subiu 0,1 euros ata os 1,70 euros o kilo.

En canto ao porco cebado, a mesa de cotizacións acordou subir os prezos nas categorías Selecta e Normal en 0,01 euros, quedando en 1,220 e 1,195 euros por quilo, respectivamente; a Canle II sube 0,013 euros e sitúase en 1,552 euros por quilo. Onde non houbo cambios foi na categoría de desvelle, que se mantén nun intervalo de entre 0,63 e 0,69 euros o quilo.

En Alemaña, país de referencia para os prezos do porcino en Europa, as cotizacións subiron esta semana 0,02 euros, ata unha media de 1,440 euros/kg.

En canto aos leitóns, acordouse baixar unha semana máis as cotizacións, desta vez 1 euros por animal, quedando nos 42 euros os procedentes de varias explotacións e nos 47 euros os procedentes dunha única explotación.

SILLEDA_MAIO_6_PORCINO

Aviso importante.

A Central Agropecuaria de Galicia/Abanca informa de que debido á celebración da feira Abanca Semana Verde suspéndense os mercados dos martes 5  e  12 de xuño.

Só se celebrará a subasta de becerros de recría do martes 12 de xuño. Recepción de animais a partir das 21 h. da tarde do luns 11.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información