A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Magnesio e corrección de pH no viñedo

Calfensa aposta para viñedo por unha caliza magnesiana, ben en po, ben granulada, para optimizar a captación de nutrientes polas plantas e asegurar unha axeitada fructificación

Magnesio e corrección de pH no viñedo

Viña en inverno trala poda. / Arquivo.

Chega o momento de comezar cos traballos de mantemento do solo no cultivo de viñedo, para os que o encalado vén sendo unha tarefa imprescindible nas nosas superficies, dadas as xa coñecidas condicións en Galicia de pH baixo e altas concentracións de aluminio tóxico.

No proceso de encalado, xogan un papel moi importante os aportes que podamos realizar de calcio como elemento, pero na mesma medida de magnesio, xa que, nas condicións normais dos nosos solos, este é un nutriente que, malia ser esencial como veremos, está pouco presente e asimilable para as plantas.

Os aportes de magnesio que podamos realizar no proceso de encalado serán os que cubran as necesidades do cultivo da vide durante o período produtivo.

Debemos lembrar que o magnesio forma parte da clorofila, actuando consecuentemente na actividade fotosintética da planta. É esencial para o metabolismo dos glícidos e ten unha función clave como vehículo do fósforo, aumentando a súa asimilación. Estamos a falar dun macronutriente que actúa na formación das graxas, proteínas e vitaminas; e que axuda ao mantemento, xunto co potasio, da turxescencia das células.

Consecuencias da falta de magnesio
Con niveles de pH inferiores a 5, pódense detectar carencias de magnesio, o que produce un debilitación xeral da cepa, redución do nacemento de pámpanos, lento desenvolvemento do tronco e limitación do crecemento radicular, así como a redución na frutificación.

Neste sentido, Calfensa pon á vosa disposición a Caliza Magnesiana, produto cun 20% de óxido de magnesio, moi soluble e rapidamente asimilable pola planta, capaz de cubrir as necesidades que deste elemento poda ter. Calfensa tamén ten a Caliza Magnesiana de sempre pero Granulada, coas mesmas características do produto en po, pero coa comodidade que proporciona o grao para a súa distribución.

Contacto

  • info@calfensa.com
  • Teléfono: 982 305 902

calfensa estandar imaxe viña

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *