A Asociación Provincial de Empresarios da Primeira Transformación da Madeira (LugoMadera), representada pola presidenta Maria del Carmen Gayoso, e a xerente da entidade, Nuria Rodríguez, mantuvo unha reunión coa conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos.
O encontro serviu para recoller as achegas da asociación ao Plan director do sector, actualmente en tramitación, ao tempo que aproveitaron para recoller as necesidades das empresas asociadas e analizar a situación dunha industria que, tal e como lembrou a conselleira, “é líder a nivel nacional por cifra de negocio e conta cunha facturación anual que supera os 2.400 millóns de euros”. Cómpre lembrar que LugoMadera está integrada por 272 negocios con actividade na provincia de Lugo, que representan o 48 % do total que hai en Galicia.
Finalmente, María Jesús Lorenzana lembroulles que a Xunta ten previsto lanzar nos próximos días unha nova convocatoria de axudas para mellorar a competitividade da cadea monte-industria: o Xera-savia, o Xera-tecno e o Xera-valor. En total, a Consellería de Economía e Industria, da que depende a XERA, vai destinar algo máis de 16 millóns de euros a estes tres programas no ano 2026.
Galego









Control OJD