Lugo reactiva a celebración dos seus mercados tradicionais

A Concellaría de Participación e Servizos á Veciñanza facilitou pantallas protectoras ás vendedoras e vendedores para que poidan retomar a súa actividade. Trátase na maioría dos casos de produtores locais que dan saída aos seus excedentes dúas veces á semana na Praza de Abastos

Mercado TradicionalA actividade volve pouco a pouco á Praza de Abastos e ao Mercado de Quiroga Ballesteros de Lugo. Durante os dous meses de estado de alarma por mor do coronavirus os postos fixos mantiveron a súa actividade adaptándose ás novas circunstancias para seguiren dando servizo á súa clientela, pero agora volven tamén os mercados tradicionais dos martes e venres no soto da Praza e a nave central do Mercado, onde os produtores locais dan saída aos seus excedentes agrícolas e gandeiros.

A concelleira de Participación e Servizos para a Veciñanza, Cristina López, anunciou a reanudación do Mercado Tradicional no soto da Praza de Abastos, que terá lugar os martes e venres entre as 8:30 e as 14:30 horas. Segundo declarou, “reactivamos o mercado tras asegurar que as distintas vendedoras e vendedores cumpren coas medidas ditadas polas autoridades sanitarias”. “Desde a área de participación revisamos o espazo para garantir que tanto as vendedoras e vendedores como as persoas asistentes poidan manter a distancia interpersoal en todo momento”, afirmou Cristina López, que engadiu que “ademais, proporcionamos ás vendedoras máscaras de protección, elaboradas coa colaboración do IES As Mercedes, que se unen aos dispensadores de luvas e xel hidroalcólico para as persoas que desexen achegarse ao mercado”.

O mercado tradicional celébrase todos os martes e venres no soto da Praza e o pavillón central do Mercado e tamén se realizan neste entorno outras actividades ao longo do ano como o Mercado da Terra ou a Feira do Mel

A reactivación dos mercados tradicionais permite aos produtores chegados da extensa zona rural coa que conta o concello de Lugo, formada por un total de 54 parroquias rurais, dar saída aos seus excedentes, xa que moitos pequenos agricultores e gandeiros venden directamente ao consumidor as súas producións. Os vendedores pagan tan só 1 euro por metro cadrado e día para poder facer uso das instalacións tanto do recinto central do Mercado como do soto da Praza.

Medidas de apoio como a suspensión do cobro dos espazos

A área de Participación e Servizos para a Veciñanza do Concello de Lugo decidiu suspender ao comezo da pandemia o cobro do alugueiro dos postos do Mercado Municipal e da Praza de Abastos “mentres duren as restricións decretadas polo goberno do Estado, e como medida de apoio ás comerciantes da Praza e do Mercado Municipal, decidimos suspender o cobro do alugueiro dos postos en ambos recintos”, explica a edil de Participación, Cristina López.

“Tratamos de reducir ao máximo as perdas que produza a situación de emerxencia no pequeno comercio e nos negocios de hostalería destes dous recintos”, afirmou Cristina López, que vinculou esta medida ao “compromiso que mantemos desde a área de Participación para converter a Praza de Abastos e o Mercado Municipal nun referente do casco histórico de Lugo”.

Servizo de reparto a domicilio gratuito

Durante os dous meses que levamos de crise sanitaria a Praza e o Mercado de Lugo foron adaptándose ás distintas circunstancias para poder seguir traballando e atendendo aos seus clientes. Desde finais do mes de marzo e co obxectivo de facilitar as vendas e paliar os efectos do estado de alarma, o Concello de Lugo puxo en marcha, coa colaboración de todos os negocios da praza, un servizo de reparto a domicilio na Praza de Abastos e no Mercado Municipal para “facilitar á veciñanza o poder consumir produtos de calidade das nosas prazas e mercados”. O servizo é gratuíto e os pedidos poden realizarse por vía telefónica.

Para realizar o seu pedido, as persoas interesadas deben chamar, en horario de 8:30 a 14:00 horas, aos distintos postos da praza, onde se lles informará sobre a dispoñibilidade de cada produto. Unha vez se realicen todos os pedidos, organizarase o reparto e o cobro da mercadoría a domicilio. “Ofrécese tamén o servizo de pre-encarga, que permite facer as recollidas con máis axilidade á xente que prefira acudir ao Mercado e á Praza”; declarou Cristina López.

Queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos coa calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados, e avanzar noutras formas de comercialización nestes espazos

Segundo Cristina López, “queremos facilitar á veciñanza o poder consumir produtos coa calidade e a atención personalizada que se pode atopar nas nosas prazas e mercados, e avanzar noutras formas de comercialización nestes dous servizos públicos do Concello”. A edil de Participación lembrou que “desde o inicio da crise sanitaria provocada polo COVID-19 estamos a traballar para tentar reducir ao máximo o impacto no pequeno comercio”.

Cristina López animou en distintas ocasións ás veciñas e veciños de Lugo a facer as compras no pequeno comercio de alimentación que permaneceron abertos e dando servizo a toda a cidadanía. “A subsistencia de moitos comercios pequenos que están abertos no centro e nos barrios da cidade depende das compras que fagamos, ademais de que nestes establecementos as colas son máis pequenas”, razoa.

Contacto dos postos da Praza e o Mercado

PESCADERIA ADELITA 619404613
PESCADERIA MARI CARMEN 636373494
PESCADOS MARY PAZ 982245806/648249852
CARNICERIA CORDEIRO 722105201
CARNICERIA ECOLOXICA TRALOAGRO 982470748
CARNICERIA MARQUES Y RODRIGUEZ 629748792
CARNICERIA PEIXEIRO 659178612-982241883
CARNICERIA PETEIRO 608413333
CARNICERIA PICOS DE ANCARES 982242826-622024322
CARNICERIA RAFA 982241664
CARNICERIA SOMOZA 982242116
CARNICERIA Y ELABORADOS PILARICA 654816325
POLLERIA PIO PIO 982102657
ALIMENTACION VAZQUEZ LOLO 638273237
BENEDICTO 626008355
MERCARABASTOS 982250292
PRODUCTOS GALEGOS LOLA 646313717
FRUTAS E HORTALIZAS MAR 698130958
FRUTAS LAURIN 982242231-630205143
FRUTERIA MARTA 722586351
QUESERIA ARCADIO COROAS 609161041
QUESERIA GERARDO 982243338
PANADERIA MANSO 610417501
FERRETERIA DO BARRIO 659646002

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información