Lugo acolle un curso sobre benestar animal no transporte

Publicidade
Lugo acolle un curso sobre benestar animal no transporte
Data inicio: 18/11/2022
Lugar: Xunta de Galicia Delegación Territorial de Lugo, Ronda da Muralla, Lugo, España

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, dependente da Consellería do Medio Rural, organiza en Lugo un curso sobre o benestar animal no transporte. O obradoiro celebrarase no edificio administrativo da Xunta en Lugo a partir do vindeiro venres 18 de novembro en horario de 16:00 a 21:00 horas. A duración total do curso será de 20 horas lectivas repartidas en catro días.

Así, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria pretende proporcionar aos alumnos do obradoiro a formación e capacitación necesaria en benestar durante o transporte de animais vivos. Para iso, abordaran aspectos técnicos e prácticos recollidos no propio Decreto da Consellería do Medio Rural polo que se regulan os cursos de formación en materia de benestar animal.

Esta iniciativa está dirixida á xuventude do medio rural galego, así como ás persoas vinculadas profesionalmente, ou con expectativa de incorporación, aos sectores produtivos gandeiros, agrarios, agroalimentarios e de cadea forestal-madeira.

Inscrición

Para facer a preinscrición no curso debe accederse á web da Consellería de Medio Rural no apartado de accións formativas para este 2022. A persoa que coordina o curso porase en contacto cos inscritos a través do correo electrónico comunicándolles se están ou non admitidos. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 982 294 988 ou enviarse un correo a oscar.cacharron.mojon@xunta.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información