Lugares de Galicia nos que non se utilizarán as referencias SIXPAC para a PAC 2025

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de publicar a listaxe de termos municipais nos que, de maneira excepcional, non se utilizarán as referencias SIXPAC para a identificación das parcelas agrícolas na campaña 2025

Como axuda á presentación de solicitudes de axuda por superficie da Política Agrícola Común (PAC) correspondentes á campaña 2025, o Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) publica a relación detallada e o resumo de todos os municipios de España nos que, en todo ou en parte do seu territorio, a declaración de superficies débese facer con referencias identificativas distintas ás referencias SIXPAC.

Esta información facilítase para que todos os produtores que inclúan, dentro da súa solicitude de axudas, superficies situadas nalgún destes termos municipais, presten especial atención, por poder ter que utilizar referencias identificativas distintas ás utilizadas no ano anterior.

Infórmase tamén da posibilidade de que os organismos competentes das CC.AA. habilitasen os mecanismos necesarios para realizar a declaración de forma gráfica nestas zonas.

Captura de pantalla 2025-02-16 224303 Captura de pantalla 2025-02-16 224340

Consulta aquí a listaxe completa de concellos en toda España

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información