A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, vén de visitar as instalacións de Finsa en Santiago de Compostela, onde destacou a tecnoloxía e a innovación que esta firma incorpora no seu proceso produtivo para seguir mellorando a súa competitividade.
A titular de Economía e Industria da Xunta de Galicia puxo en valor a capacidade da empresa para situarse entre as máis grandes de Europa no sector da madeira. No percorrido, a conselleira estivo acompañada do director xeral da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, así como de persoal do CIF Lourizán e do CIS Madeira de Ourense.

Galego





Control OJD