Lluis Xanxo Doria, referente en España en aseroramento nutricional e agronómico, visita granxas de Ponteceso e Mazaricos

A visita, organizada por XESGA e ADIAL, céntrase no cultivo do millo e de cereais de inverno

Lluis Xanxo Doria é un Enxeñeiro Agrónomo que actualmente traballa como Asesor Agronómico-Nutricional na zona este de España (en colaboración con varios nutricionistas) nun Proxecto de Investigación Estatal para a mellora das calidades forraxeiras co Dr. e Catedrático Carlos Cantero Martínez da Universidade de Lleida (UDL).

Lluis conta cunha longa traxectoria profesional: Foi director de Produción Agrícola e Coordinador de loxística de Alimentación en Granja San José S.A. desde 2017, e anteriormente responsable da área de Defensa Vexetal e membro do Consello de Administración en grupos Cooperativos do Pirineo de Lleida desde os seus inicios profesionais en 1995.

Nas próximas xornadas que organiza SERAGRO na Universidade de Lugo os días 14 e 15 de novembro de 2024, vai realizar o relatorio “Mellorando calidade da ensilaxe para conseguir alta eficiencia da produción leiteira. Importancia da planificación e xestión agronómica.”

Esta pasada semana visitou nove granxas de vacún de leite punteiras dos concellos coruñeses de Mazaricos e Ponteceso. A visita centrouse no cultivo do millo e, por petición dalgúns gandeiros, tamén no cultivo de cereais de inverno como alternativa á palla, o ano pasado estivo moi cara e foi de moi baixa calidade.

lluis _xanxo

Visita con Lluis Xanxo Doria a nove granxas en Costa da Morte.

Millo

Dúas tendencias, uns priman dixestibilidade de FND a 30h e outros amidóns. O aumento da dixestibilidade da FND conséguese mellor con corte elevado e con menor densidade de planta entre outros factores. O ratio % Amidón/ % MS, búscase como obxectivo superar a 1, pero canto máis alto mellor pois se a MS procede do gran existen máis azucres fermentescibles procedentes de planta que xerasen un maior potencial fermentativo. En racións con usos altos de silo de millo (>30kg/vaca/día) hai que priorizar o parámetro calidade de fibra.

Incídese na importancia de analizar o procesado do gran no momento de colleita, especialmente en millos con elevado contido de amidón. Lluís argumenta respecto diso a fiabilidade da información a través das análises que xera no proxecto a través do laboratorio de orixe USA en Cumberland, onde os mellores millos analizados con niveis de amidón moi altos, este procesado pode superar o 80%, o que indica a importancia do procesador de gran na máquina de ensilar.

Noutra orde de ideas, Lluís argumenta a importancia da utilización dos funxicidas en millo entre V7 e prefloración para conseguir máis sanidade final de planta e os bos resultados obtidos nos diferentes escenarios utilizados e recomenda o seu uso, especialmente en zonas de elevada pluviometría en Galicia que poden ser comparables a zonas onde é unha práctica habitual con estas climatoloxías como en varios estados en Brasil.

Cereal de inverno

Algúns gandeiros mostraron interese en buscar alternativas á palla pois empezan a dispoñer de terreo (outros gandeiros ou técnicos como son máis partidarios de usar esas terras para por exemplo praderías permanentes de raigrás inglés). Lluis argumenta a través da súa experiencia de traballar neste apartado, a utilización do centeo híbrido (con semente R1) pola súa rusticidade e elevada sanidade de planta como principais vantaxes.

Por outra banda, advirte dos seus factores limitantes na posible utilización (o ciclo vexetativo é moi longo, de setembro a xuño, ademais de elevado risco de encamado en función das condicións de manexo e climatolóxicas). Para introducilo en racións non produtivas como alternativa á palla, recoméndase colleitar o nun estadio vexetativo avanzado, e hai que estudar a posibilidade de alternativas aos conservantes biolóxicos para tentar mellorar o seu nivel de conservación ensilado.

Con esta idea xorde por parte de Paco Pazos a idea de facer unha viaxe a Portugal e ver explotacións onde elaboran silos de cereais. Outra obxección (Víctor Manrique) é que neste tipo de silos só para recría e secas hai pouco avance (menos estabilidade), onde Lluís propón alternativas de dimensionar o silo para minimizar este posible problema.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información