Lixeiro repunte da recría en Silleda e caída nos becerros carniceiros

Logo da baixada de prezos da semana anterior, os xatos pintos recuperan de media uns 20 euros e os cruzados 10. No caso dos animais de matadoiro, a perda foi duns 200 euros en becerro

Sesión de lixeira recuperación das cotizacións dos animais de recría na Central Agropecuaria de Galicia en Silleda despois da forte caída de prezos das últimas semanas. Os xatos pintos gañaron de media entre 10 e 25 euros, en función da súa idade, mentres que os cruzados revalorizáronse entre 5 e 10 euros. 

En xeral, tanto nos becerros de recría frisón como nos cruces soben os prezos medios na categoria de 20 a 50 días e baixan lixeiramente nos animais de máis de 50 días.

Silleda 25-8-26 recriaNos becerros pasteiros houbo estabilidade de prezo nos animais de cruzamento industrial e caída no valor dos machos e femias de raza rubia galega, nunha época do ano de moita oferta deste tipo de animais procedentes das explotacións de vacún de carne que traballan con vacas nutrices en extensivo. 

Silleda 25-8-26 pasteirosEn canto aos becerros carniceiros, deuse unha maior oferta nesta sesión, cunha depreciación de case 200 euros nos machos de cruce industrial. Pola contra, as femias avanzaron uns 130 euros, até poñerse de media por enriba dos machos. Os animais de matadoiro de raza rubia galega tamén caeron, tanto os machos como as femias, ao igual que aqueles marcados co selo da IXP Ternera Gallega Suprema, que perderon 180 euros. 

Silleda 25-8-26 becerros carniceirosNo vacún maior, as vacas de categoría Extra, que sufriran a semana anterior unha depreciación importante, recuperan o terreo perdido e volven pagarse a case 2.500 euros de media, mentres que as de categoría Primeira mantiveron as cotizacións do martes pasado, no entorno dos 1.350 euros. 

Silleda 25-8-26 vacun maior

Mesas de prezos

No relativo ás mesas de prezos do resto de especies gandeiras, continúa a suba do porcino, tanto no caso dos animais cebados, que gañaron outros 3 céntimos (os mesmos que a semana anterior), como da recría, cunha suba de 4 euros para os leitóns tanto de procedencia única como de varias granxas, e que se suma aos 3 euros de revalorización da semana pasada.   

Silleda 25-8-26 mesas de prezosDescarga o pdf coas cotizacións completas desta semana neste enlace

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información