Lixeiro descenso do prezo do leite en xuño até os 0,327 euros o litro

Lixeiro descenso do prezo do leite en xuño até os 0,327 euros o litro

O prezo medio do leite de vaca situouse no mes de xuño en España nos 0,327 euros o litro, cun lixeiro retroceso con respecto aos 0,329 euros do mes de maio, segundo os datos do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), publicados este venres. En Galicia os prezos medios foron de 0,319 euros o litro, fronte aos 0,321 euros do mes de maio.

As entregas incrementáronse un 2,9% respecto ao mesmo mes de 2019, alcanzando as 624-657 toneladas. Nos 6 primeiros meses deste ano as entregas de leite en España incrementáronse nun 3,7%. Como xa vén sendo habitual nos últimos meses, o maior incremento en xuño correspondeu a Galicia, un 4,82% máis que o pasado ano, alcanzando unha produción de 232647 toneladas.

En canto ás calidades baixaron lixeiramente, como vén sendo habitual no verán, situándose no 3,63% de graxa e o 3,24% de proteína. As maiores porcentaxes de sólidos rexistráronse no leite producido en gandarías galegas: 3,74% de graxa e 3,25% de proteína.

Descarga aquí o informe completo do FEGA correspondente ás entregas de leite de vaca do mes de xuño.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información