Na xornada do 25 de decembro, o Mercado de Amio celebrou a Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega. Nesta sesión, a Ternera Gallega presentou unha suba de 0,04 euros/kg canle, tanto en machos como en femias, mentres que a Suprema mantívose cos mesmos prezos.
O mercado de gando presencial retomará as sesións completas o mércores 8 de xaneiro.
– Táboa de prezos de Ternera Gallega (pdf)
Actualización: Na táboa publicada inicialmente había un erro no valor das canales de machos de peso superior a 280 quilos, na categoría tenreira e clasificación R. Substituíuse a táboa orixinal pola enviada coa corrección polo Mercado de Amio.