Lixeira suba nos prezos da recría en Silleda

A Central Agropecuaria de Silleda celebrou tan só a poxa de becerros de recría na que se acadou un volume de transaccións de 249.314 euros

Lixeira suba nos prezos da recría en Silleda

O recinto feiral da Central Agropecuaria de Galicia-Abanca celebrou na xornada de hoxe tan só a poxa dos becerros de recría e a mesa de prezos. A cita da próxima semana recuperará a normalidade tras estas variacións derivadas da Abanca Semana Verde.

En canto á afluencia de gando, transcorreron polo recinto un total de 757 becerros de recría que acadaron un volume de transaccións de 249.314 euros.

Así, na raza frisoa os xatos de 15 a 20 días cotizáronse a 164 euros (+8 euros respecto ao 21 de maio); os de 21 a 50 días a 199 euros (+20 euros) e os de máis de 50 días a 216 euros (mantéñense igual).

04_06_2024_page-0001

En canto aos de cruzamento industrial, os machos máis novos quedaron cun valor medio de 281 euros e restaron 71 euros con respecto a hai dúas semanas; as femias tamén baixaron ata os 253 euros (-83). Os de 21 a 50 días chegaron aos 438 euros e aumentaron 3 euros o seu valor medio; mentres que as femias tan só subiron un euro e quedaron en 296 euros. Os máis adultos subiron 23 euros e quedaron nos 671 euros e as femias sumaron 40 euros ao valor medio que se fixou en 440 euros.

Os animais de rubia galega cotizáronse a 659 euros os de 21 a 50 días (+138 euros) e a 707 os de máis de 50 días (-50 euros).

Mesas de prezos
As mesas de cotizacións do porcino mantéñense igual que a pasada semana. Así, o porco selecto queda nos 1,845 euros; o normal en 1,82 euros e o de Canle II nos 2,364 euros. Os animais de descarte cotízanse entre 0,92 e 0,98 euros o quilo.

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa están nos 88 euros (cun prezo de 4,4 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 83 euros e cun prezo por quilo de 4,15 euros.

04_06_2024_page-0002

O mercado do ovo mantense igual que a semana pasada. Desta maneira, os prezos quedan así: os da XL 2,83 euros; os da L en 2,24 euros; os da M en 2 euros e, finalmente, os da S en 1,7 euros.

O prezo do coello mantense igual e está nos 2,2 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información