A listaxe provisional de beneficiarios das axudas para gandería de carne en Galicia xa se poden consultar na web do Fondo Galego de Garantía Agraria, que con data 28 de xullo publicou a relación preliminar de potenciais beneficiarios.
De cada produtor, o Fogga indicou o número de animais que se beneficiarán da axuda, así como os últimos díxitos da conta bancaria na que se fará o ingreso da mesma. En caso de que o titular desexe modificar os datos da conta bancaria, pode facelo aínda ata mañá. Espérase que a continuación, en poucos días, Medio Rural proceda a publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva dos beneficiarios.
Os apoios para as granxas de carne (vacún, ovino e caprino, polos e coellos) buscan compensar ás explotacións do aumento de custos de produción, en especial dos pensos, que vén derivado da guerra de Ucraína e doutros factores de mercado.
Consulta nos seguintes enlaces a relación provisional de beneficiarios para vacún de carne e ovino – cabrún, así como para as granxas de polos e coellos.