Listaxe dos 283 beneficiarios das axudas da Xunta para actuacións de prevención dos incendios nos montes

Publicidade

desbroce_roza 1A Consellería do Medio Rural publicou este luns no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución das axudas para a prevención de danos por incendios e desastres naturais, que ascenden ata os preto de 5,4 millóns de euros para 283 entidades beneficiarias, principalmente comunidades de montes veciñais en man común.

Estas achegas buscan mitigar as consecuencias e impactos negativos que os incendios forestais poidan ter sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes. As accións subvencionadas céntranse no control da biomasa en áreas devasa, devasas e faixas auxiliares de pista. Estas intervencións buscan reducir a carga de combustible presente no monte e establecer zonas con descontinuidade horizontal e vertical, co fin de diminuír o risco de propagación de incendios forestais e minimizar os danos causados por estes sinistros, no caso de que cheguen a producirse.

Ante o elevado volume de peticións presentadas, a Consellería do Medio Rural decidiu incrementar o orzamento desta orde en 2025 e, a causa dos incendios forestais do verán, estableceu como prazo único para remate e xustificación dos traballos o 30 de xuño de 2026.

Importes das axudas

Concedéronse achegas para áreas devasa en monte desarborado para roza mecanizada con rozadoira de cadeas ou similar, con preto de 590 euros por hectárea. Para montes en rexeneración, son máis de 1.650 euros por hectárea para o rareo sistemático de rexenerado forestal con tratamento de restos.

As axudas complétanse para as devasas con 635 euros por hectárea para a mellora de faixas cortalumes xa existentes con folla de máquina e, para as faixas auxiliares de pista con ou sen roza da plataforma de rodadura, destinaranse case 590 euros/ha se é roza mecanizada con rozadora arrastrada de cadeas ou similar ou con 734 euros/ha, no caso da roza mecanizada con rozadora de brazo ou similar.

Ligazón á resolución DOG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información