Listaxe de queixos galegos premiados no Concurso Gourmets 2025

queixos gourmetsO queixo azul galego Savel, elaborado con leite de vaca en Chantada pola gandería Airas Moniz, alzouse co premio super ouro a categoría internacional para queixos de exportación dentro do concurso Salón Gourmets.

Este gardón, outorgado polo Instituto Español de Comercio Exterior (ICEX) para queixos de exportación permitirá a esta queixería galega participar en distintas accións de promoción promovidas por ICEX en mercados exteriores.

O seu elaborador, Xesús Mazaira, conta que cando empezou a facer queixos en 2017, “o 80% da produción vendiámola xa a Reino Unido”, pero que actualmente diversificou os seus mercados tanto dentro de España como por outras partes de Europa e América: “Fomos crecendo en produción e, agora mesmo, exportamos a Canadá, Reino Unido, República Checa, Polonia, Alemaña…”.

Polo demais, a veterinaria e artesá Remedios Carrasco, fundadora dunha pequena queixería en Zafra (Badaxoz), gañou este xoves o premio ao mellor queixo de España na feira gastronómica Salón Gourmets polo seu queixo de cabra de coagulación láctica Jabaíno, que elabora ela mesma coas súas propias mans

O Campionato dos Mellores Queixos de España 2025 pecha así a súa 15ª edición cos 100 mellores queixos de España nos seus pavillóns de Ifema, tras catro días de feira que congregaron a uns 120.000 asistentes profesionais gastronómicos e agroalimentarios de España e 30 países do mundo.

Outros queixos galegos premiados no concurso estatal GourmetQuesos: 

Fontelas Cremoso, de Javier Piñeiro López, de Vilalba: Primeiro premio ao mellor queixo xoven elaborado con leite de vaca.

Anzuxao (DOP Arzúa Ulloa), de Lácteos Anzuxao (Lalín): Terceiro premio ao mellor queixo xoven elaborado con leite de vaca.

Galmesán, de Queserías Galmesano (Arzúa): Ouro na categoría de queixo de vaca curado.

Palo Santo, de Central Lechera Gallega SA. (Cuntis). Bronce na categoría de queixo de vaca curado. 

Santo André Curado, de Carlos Reija Fernández, de Castroverde: Prata na categoría de queixo de vaca curado.

Savel, de Airas Moniz (Chantada): Premio GourmetQuesos e o Gold Cheese From Spain Awars, que promove ICEX España Exportación e Investimentos

Catadoiro ( DOP San Simón da Costa), elaborado pola María Olga Riveira Requeijo, de San Simón de Vilalba: Prata na categoría de queixos afumados.

Consulta aquí a listaxe completa de queixos premiados no Concurso Gourmets

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información