O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a resolución das axudas da Consellería do Medio Rural destinadas á recría de razas autóctonas de gando bovino e ovino-cabrún ameazadas, cun investimento de 369.270 euros. En total, beneficiaranse 207 explotacións con máis de 1.600 animais, dos cales 939 animais recriados de razas bovinas e 677 de razas ovinas e cabrúas.
Os obxectivos que se perseguen con esta novidosa convocatoria de axudas son, en primeiro lugar, a explotación sostible dos recursos autóctonos e o mantemento da súa rendibilidade. En segundo termo, a preservación da diversidade xenética destas razas. En terceiro lugar, a sustentabilidade agrogandeira e a redución do impacto ambiental mediante a promoción de sistemas de cría extensivos e adaptados á contorna. Tamén se procura a mellora da economía do rural a través da calidade e a diferenciación dos seus produtos, así como a conservación do valor cultural e patrimonial destas razas.
As contías poden chegar a un importe máximo por explotación de 15.000 euros, sendo o tope por animal de 350 euros no caso dos bovinos e de 60 no ovino e cabrún. De feito, para os titulares de granxas de gando vacún aprobáronse axudas por valor de 328.650 euros e para os de ovino e cabrún por 40.620 euros.





Galego









Control OJD