Listaxe completa das vacas que se poxarán este domingo en Feiradeza

 

A Deputación de Pontevedra participará este domingo 9 de xuño no marco da XXXIX Feiradeza, o Open Internacional de raza frisona, na edición número 15 da Poxa de Gando Frisón, que contará con 21 animais procedentes da Finca Mouriscade. A cita terá lugar no Lalín Arena, onde se celebra a feira dende hoxe e ata o mesmo domingo, ás 11:45 horas e non é necesario realizar un rexistro previo para poder poxar.

A Deputación volve participar despois de dous anos nunha cita que sempre ten unha gran acollida entre os gandeiros, onde porá á venda vacas cun prezo de saída aproximado de 2.000 euros. Entre os animais, atópanse varias recentemente paridas por vez primeira, vacas de segundos partos con familias moi boas ou excelentes e tamén exemplares de alta produción.

Consulta aqui o catálogo dos animais que sairán a poxa.

cartel feiradeza 24

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información