Listaxe actualizada dos mellores touros holstein

Listaxe actualizada dos mellores touros holstein

GALILEO ET, de Xenética Fontao, o mellor touro xenómico español

Xa están dispoñibles as valoracións internacionais MACE e G-MACE no buscador de touros da web e aqueles touros debidamente rexistrados na Confederación Nacional de Frisoa Española (CONAFE) a través de SINBAD. Tamén se actualizaron os valores no programa de axustes CONAFEMAT polo que a partir de hoxe o servizo de axustes de CONAFE xa traballa con estas probas actualizadas.

Nas listaxes internacionais inclúese como novidade o acrónimo da empresa propietaria ou importadora daqueles touros que están debidamente rexistrados en CONAFE para a súa comercialización en España. Dende a asociación lembran aos gandeiros colaboradores que “os touros que usen deben estar rexistrados para evitar problemas á hora de dar de alta ás súas fillas”. “Esta listaxe actualízase tres veces ao ano, se o touro non aparece como rexistrado consulte co seu distribuidor ou coa oficina de CONAFE se este trámite xa foi realizado”, engaden.

En total están avaliados 167.788 touros Holstein. Destes, en caracteres de produción e tipo 5.156 teñen proba nacional con fillas, 4.677 proba nacional sen fillas (só xenómica), 133.319 proba MACE e o resto proba GMACE.

Tamén se publicaron a listaxe de 1.000 mellores touros (Proba Nacional ou MACE) con fiabilidade igual ou superior ao 80% en produción ou tipo e a listaxe de 1.000 mellores touros que non alcanzan aínda o 80% de fiabilidade en produción ou tipo e que teñan proba nacional ou proba MACE.

Consulta aquí a lista de mellores touros xenómicos

Consulta aquí a lista dos mellores touros probados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información