Listaxe actualizada dos mellores touros Holstein: Probas de CONAFE de xuño

Este ano as melloras das avaliacións centráronse no avance das probas de Lonxevidade e Facilidade de Parto

A Confederación Nacional de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) aacaba de publicar as probas xenéticas e xenómicas correspondentes ao mes de xuño, cumprindo así o terceiro ano de publicación dos índices de mérito económico IM?T, así como o segundo ano desde as primeiras avaliacións xenómicas de velocidade de muxido.

TOUROS PROBADOS CONAFE XUÑO 22 TOUROS XENOMICOS CONAFE XUÑO 22Este ano as melloras das avaliacións centráronse no avance das probas de lonxevidade e facilidade de parto. Historicamente a lonxevidade avaliábase combinando a chamada lonxevidade directa (baseándose na idade de baixa das reprodutoras) e a indirecta, sobre a base de caracteres que mostraban correlacións altas coa directa, e que podían ser recollidos nas vacas con antelación á súa data de baixa como podían ser os de morfoloxía ou reconto celular. Desta forma os touros podían ter proba de descendencia neste carácter ao mesmo tempo que a tiñan do resto de caracteres.

Porén, coa xenómica esta información indirecta perde valor, xa que os animais poden ser avaliados a partir dos datos recolleitos de lonxevidade directa para os touros que forman a Poboación de Referencia, que son máis de 40.000 para este carácter e a súa información procede de máis de 3 millóns de fillas. Considerouse que o nivel de xenotipado das femias é xa suficiente como para poder prescindir da información da lonxevidade indirecta.

En canto a facilidade de parto buscouse mellorar a armonización con outras avaliacións centrando o carácter a avaliar nas primeirizas. Cambiouse o modelo macho-avó materno polo modelo animal, que é o usado na maioría de caracteres. Desta forma, na avaliación úsase o dato de cada parto en lugar de utilizar o dato da descendencia de cada touro e pasouse a avaliar a facilidade de parto como un carácter distinto ao resto de partos.

Nesta avaliación xenética realizada por CONAFE en xuño de 2022 actualizouse a base da valoración xenética, que agora pasan a ser as vacas nadas en 2012. Isto supón un cambio en todos os animais de -33,74 quilos de Leite, -2,9 quilos de graxa, -1,7 quilos de proteína, entre 0,03, (Anchura de Peito) e -0,14, (Profundidade de Ubre e Inserción Anterior) nos caracteres de tipo, -0,04 en IPP, -0,10 en ICU e -0,09 en IGT. En Reconto varían en 0,09, en Velocidade de muxido -0,09, e en Saúde Podal (ISP) -0,11. Para manter constante a escala do ICO, con independencia da base o termo fixo do ICO, sobe 77 puntos, que equivale ao progreso xenético da nosa poboación de femias nadas en 2012 respecto de 2011.

Para realizar a avaliación xenética tradicional xuño 2022 utilizáronse os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles a mediados de maio, e son os seguintes:

Cualificacións: 2.721.629
Produción: 7.617.436
Lonxevidade funcional: 6.578.430
Rec. Cél. Somáticas: 7.306.857
Días abertos: 6.578.430
Velocidade de Muxido: 1.485.114
Fluxo de Muxido: 490.004
Facilidade de Parto: 1.282.553
Saúde Podal : 1.161.269

Respecto das avaliacións xenómicas, a poboación de referencia aumenta até 41.303 touros xenotipados con proba de descendencia polo menos en produción. O número de animais xenotipados e avaliados foi de 157.766, incluíndo a poboación española formada por 3.938 machos con código ESP e 108.872 femias.

O valor media dos 200 touros top publicados no catálogo nacional para o novo índice combinado ICO é de 3808, o valor medio dos 100 mellores touros probados españois sitúase nos 3745 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 4811. Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas.

Respecto ao resto de índices as referencias para touros probados e xenómicos serían:

Xenómicos:

-IM € TLECHE: 335 euros
-IM€TQUESO: 443 ,,
-IM€TPASTO:171 ,,
-IM€TECO: 280 ,,

Probados:

-IM € TLECHE: 234 euros
-IM€TQUESO: 311  ,,
-IM€TPASTO:118 ,,
-IM€TECO:198 ,,

Desde CONAFE lembran que estes novos índices exprésanse en euros de Rendibilidade por vaca e ano.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información