A Confederación de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) acaba de publicar a actualización das probas xenómicas de xovencas correspondentes ao mes de decembro. Como en ocasións anteriores, destaca o liderado de animais procendentes de ganderías galegas como Casa Gabino SC, de Friol (Lugo); Cooperativa Grille, de Mazaricos (A Coruña) ou Landeira SCG, de Negreira (A Coruña).

As novas valoracións de femias de decembro de 2025 poden consultarse a través de SINBAD e nas listaxes de Mellores Xovencas Xenómicas:
– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por ICO
– 1.000 Mellores xovencas xenómicas por IGT
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TLEITE
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TQUEIXO
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TPASTO
– 100 Mellores xovencas xenómicas por IM€TECO
A poboación de referencia a partir da cal se realizan as valoracións xenómicas está formada por 43.651 Touros Holstein Probados por descendencia con 39.316.936 fillas con datos.
Galego









Control OJD