Listado de parroquias de alta actividade incendiaria 2022

Listado de parroquias de alta actividade incendiaria 2022

Reunión do Consello Forestal celebrada este martes e na que se presentaron o Pladiga 2022 e o Plan de recuperación do castiñeiro.

O conselleiro do Medio Rural, José González, presentou este martes no Consello Forestal o Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (Pladiga) 2022, paso previo á súa aprobación polo Consello da Xunta, que se prevé para esta mesma semana. O plan volve sinalar un total de 35 parroquias de alta actividade incendiaria, unha distinción que marca as zonas nas que cómpre avanzar na prevención dos lumes.

Este ano repiten 31 parroquias consideradas de alto risco respecto do listado do ano pasado e entran catro parroquias novas. Os criterios de inclusión é que as parroquias tiveran dous incendios, ou máis, maiores de 200 hectáreas nos últimos 10 anos e nos que a superficie total media por incendio fose igual ou superior a 9 hectáreas. Tamén aquelas parroquias que teñan 7 ou máis incendios anuais de media nos últimos cinco anos. Así, súmanse a esta lista a parroquia de Meiraos, do concello lucense de Folgoso do Courel. Ademais, inclúense as parroquias ourensás de A Gudiña, situada no concello homónimo, O Pereiro, do concello da Mezquita; e Calvos, de Calvos de Randín.

Saen da lista outras catro parroquias nas que nos últimos 2 anos a superficie queimada foi inferior a 3 hectáreas. Son as parroquias ourensás de Covas, en San Cristovo de Cea; Soutipedre, en Manzaneda e A Ponte, no concello da Veiga. Ademais, tamén se exclúe do listado a parroquia de Ribasieira, no concello coruñés de Porto do Son.

Deixamos, a continuación, a listaxe das 35 Parroquias de Alta Actividade Incendiaria neste 2022:

Parraquias PAAI 2022
Parroquias PAAI Pladiga 2022

É de salientar que das 35 parroquias de alta actividade incendiaria, 27 están na provincia de Ourense, que representa un auténtico Expediente X en materia de lumes.

Ademais, na presentación do Pladiga 2022 destacaron unha serie de novidades como a creación do Sistema Estrutural de Mando Operativo, para afondar na mellora da organización, da coordinación e da eficacia do dispositivo. Outra clave do Pladiga deste ano é o reforzo e impulso do labor da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), que dende a súa creación na campaña pasada realizou un total de 242 dilixencias de investigación. Tamén melloraron o parque de motobombas do Servizo de Prevención de incendios, coa renovación este ano de 13 destes vehículos.

A maiores, o conselleiro lembrou que o operativo antiincendios estará integrado por máis de 7.000 persoas, contabilizando tanto ós profesionais propios da Xunta como ós adscritos a outras administracións e mobilizarán ata 30 medios aéreos, aportados tanto pola Xunta como polo Estado, así como preto de 380 motobombas.

Programa estratéxico do castiñeiro

Nesta xuntanza do Consello Forestal, a Xunta expuxo o Programa estratéxico do castiñeiro e da produción da castaña. Con este plan pretenden recuperar 8.000 hectáreas de soutos tradicionais e plantar outras 16.000 hectáreas novas para a produción de madeira e de froito desta especie.

Na primeira fase de execución, ata 2025, dispoñen un orzamento de preto de 22 millóns de euros -incluíndo fondos públicos e privados- para a plantación de 3.500 hectáreas de castiñeiro para froito e doutras 2.000 para a produción de madeira, así como a restauración de 2.000 hectáreas de soutos. Entre este ano e o que vén contan con chegar xa as 1.100 hectáreas de plantación e ás 500 hectáreas de recuperación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información