Listado de granxas beneficiarias da axuda complementaria

O Fega publicou a relación de explotacións que percibirán a subvención, así como as coantías que recibirán

Listado de granxas beneficiarias da axuda complementaria

As axudas tratan de paliar os baixos prezos do leite.

Administración convocante: Fondo Español de Garantía Agraria

Enlace axuda: http://www.fega.es/sites/default/files/ANEXO_III.pdf

Prazo:

Resumo:

O Fondo Español de Garantía Agraria (Fega), dependente do Ministerio de Agricultura, vén de facer público o listado das granxas que se beneficiarán da axuda complementaria dirixida a compensar os baixos prezos do leite. Pódese consultar aquí o listado de beneficiarios, así como tamén os listados de explotacións que quedaron excluidas por distintos motivos.

Agricultura comprometera 20 millóns de euros para apoiar ás explotacións lácteas que percibiron menos de 28,5 céntimos por litro entre abril e xullo do 2015. Para as granxas que cobraron menos de 25,9 céntimos, o Ministerio anunciou un máximo de 300 euros por animal, en tanto para as que percibiron entre 25,9 e 28,5 céntimos, a axuda tiña un tope de 110 euros, se ben segundo as estimación das organizacións agrarias, a previsión era que as subvencións oscilasen entre 85,40 e 233 euros.

En decembro, o Fondo Galego de Garantía Agraria publicou tamén as cuantías da axuda básica para as explotacións lácteas, que se lle concederon de oficio a todas as granxas, con independencia do prezo percibido polo leite.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información