Lista dos viños galegos da colleita 2019 premiados como os mellores de España

Publicidade
Lista dos viños galegos da colleita 2019 premiados como os mellores de España

O Concurso Nacional de Viños Novos Premios Baco Colleita 2019 recoñeceu a dous galegos como os mellores de España: Do Ferreiro 2019, un albariño de Adegas Gerardo Méndez, amparada pola DO. Rías Baixas, foi distinguido co premio Gran Baco de Ouro Medalla Luís Hidalgo, mentres que o enólogo Pablo Estévez recibe o premio ao mellor enólogo español da colleita de viños novos 2019.

O Concurso Nacional de Viños Novos, que organiza a Unión Española de Catadores, tívose que atrasar aproximadamente un mes por mor da pandemia de covid-19. As sesións de cata dos Premios Baco tiveron lugar do 23 ao 26 de xuño de 2020, pero non foi até este luns cando se deu a coñecer o medalleiro deste prestixioso concurso de viños novos no que participaron 517 etiquetas de 34 Indicacións de Orixe.

De novo, as denominacións de orixe galegas, en especial Rías Baixas, pero tamén Ribeiro, Valdeorras ou Monterrei alzáronse con boa parte dos premios.

En concreto, os viños galegos galardoados nesta edición dos Premios Baco foron:

Grandes Bacos de Ouro (92 a 100 puntos):

-FINCA GARABELOS 2019. Notas Frutales Albariño S.L.U. DO Rias Baixas

-ESENCIA DIVIÑA 2019 . Adegas Gran Vinum S.L. DO Rias Baixas

Bacos de Ouro (88 a 92 puntos):

RECTORAL DO UMIA 2019. Rectoral Do Umia Sau . DO Rias Baixas

-GARGALO GODELLO 2019. Gargalo S.L. DO Monterrei

-GRAN BAZÁN ETIQUETA VERDE 2019. Bodega Granbazan. DO Rias Baixas

-A COROA 2019. Adega A Coroa S.A.T. DO Valdeorras. Blanco joven Godello

-VIÑAREDO MENCIA 2019. Bodegas Santa Marta S.A.T. . DO Valdeorras

-JOAQUIN REBOLLEDO GODELLO 2019. Joaquin Rebolledo S.A. DO Valdeorras

-GUITIAN JOVEN 2019. Bodegas La Tapada S.A.T. DO Valdeorras

-FILLABOA 2019 . Bodegas Fillaboa S.A. DO Rias Baixas. Albariño

-PAZO DE SEOANE ROSAL 2019. Lagar De Fornelos S.A. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño / Caiño / Loureiro

-SEÑORÍO DE RUBIÓS ALBARIÑO 2019. Señorío De Rubiós S.L. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-LUSCO 2019 . Adegas Pazos De Lusco . DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-CATRO PARROQUIAS 2019. Bodegas Loeda S.L. DO Ribeiro. Blanco joven Treixadura

-GUITIAN SOBRE LIAS 2019. Bodegas La Tapada S.A.T. DO Valdeorras. Blanco joven Godello

-LA VAL 2019. Bodegas La Val S.L. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-LAGAR DE CERVERA 2019. Lagar De Fornelos S.A. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-MÓNICA ALBOR-TREIXADURA-GODELLO-LOUREIRA 2019. Monica Albor Lopez. DO Ribeiro

-LA TRUCHA 2019. Notas Frutales Albariño S.L.U. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-ALBARIÑO SEGREL AMBAR 2019 . Bodegas Pablo Padín S.L. DO Rias Baixas Ç

-PEIQUE GODELLO 2019. Bodegas Peique S.L. DO Ribeiro

-GRAN NOVAS 2019. Aldea De Abaixo S.A.T. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-MARTÍN CÓDAX 2019. Bodegas Martín Codax S.A.U. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-ALBARIÑO BOUZA DO REI 2019. Bouza Do Rei S.A.T. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-MAR DE ONS 2019. Bodegas Aguiuncho S.L. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

Bacos de Plata (84 a 88 puntos):

-PACO MULERO ALBARIÑO 2019. Paco Mulero S.L. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

-QUINTA DAS TAPIAS MENCÍA 2019. Bodega Tapias Mariñán. DO Monterrei. Tinto joven Mencia

-ABADIA DE SAN CAMPIO 2019. Bodegas Terras Gauda S.A.. DO Rias Baixas Blanco joven Albariño

-QUINTA DAS TAPIAS TREIXADURA 2019. Bodega Tapias Mariñan. DO Monterrei . Blanco joven Treixadura

-PAZO DE VILLAREI 2019. Bodegas Pazo De Villarei. DO Rias Baixas. Blanco joven.

-Albariño DAVIDE 2019. Enoturismo Acha SL – Davide. DO Rias Baixas. Blanco joven Albariño

Consulta aquí a lista completa dos viños españois distinguidos nos Premios Baco

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información