Lista dos 60 concellos galegos nos que non se empregarán as referencias SIGPAC para solicitar as axudas da PAC

O Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA) acaba de facer pública a lista de termos municipais nos que, de maneira excepcional, non se utilizarán as referencias SIGPAC para a identificación das parcelas agrícolas na campaña 2023 de solicitude de axudas da PAC.

Segundo os datos facilitados polas comunidades autónomas, o número de municipios nos que, en todo ou en parte do seu territorio, a declaración de superficies farase con referencias identificativas diferentes do código SIGPAC, é o seguinte: 

CONCELLOS ESPAÑA SIXPAC SIGPAC 23

No caso de Galicia os concellos e parroquias afectadas son os seguintes:

CONCELLOS GALIZA SIXPAC SIGPAC 23

Por tanto, desde o FEGA lembran que nestes municipios é posible que o agricultor, aínda declarando parcelas nestas zonas, teña que facer a declaración de forma gráfica. Por tanto, recomendan aos agricultores que se poñan en contacto coa autoridade autonómica competente -Consellería do Medio RURAL no caso galego- ou coas entidades colaboradoras correspondentes para ampliar información sobre como se deben declarar ditas superficies.

Máis información nesta ligazón

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información