Lista dos 577 gandeiros e agricultores galegos con axudas para incorporarse a unha DOP ou IXP

Lista dos 577 gandeiros e agricultores galegos con axudas para incorporarse a unha DOP ou IXP

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal) – dependente da Consellería do Medio Rural- que dá publicidade ás subvencións concedidas aos produtores galegos para a súa participación en réximes de calidade, ao abeiro da convocatoria do ano pasado. Así, un total de 577 agricultores e gandeiros recibiron un importe global de 124.537 euros, cofinanciados co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), no marco do Programa de desenvolvemento rural para Galicia 2014-2020.

Destes 577 produtores, a meirande parte -un total de 333- incorporáronse á indicación xeográfica protexida (IXP) Ternera Gallega, 144 ao réxime de calidade da agricultura ecolóxica, 53 á IXP Vaca Gallega/Buey Gallego, 46 á IXP Mel de Galicia e un último produtor á denominación de orixe (DO) vitivinícola de Valdeorras.

Podían ser beneficiarios desta convocatoria de axudas os titulares de explotacións agrarias que se incorporasen a un determinado indicativo de calidade despois do 18 de novembro de 2015 e que cumprisen a condición de ser agricultor activo. No caso da produción ecolóxica, tamén podían recibir subvención aqueles que xa tiveran actividade e que se incorporasen a algunha nova orientación produtiva.

Así mesmo, cabe sinalar que podían sufragarse os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación. A contía da axuda corresponde ao 100% dos gastos subvencionables realizados, sen superar os 3.000 euros anuais por explotación, durante un período máximo de cinco anos.

Consulta aquí a listaxe completa dos beneficiarios

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información