Este sábado, 8 de xuño, celebrarase a partir das 12:00 horas no campo da feira do Páramo e coincidindo coa feira de primavera desta localidade, a primeira poxa de gando frisón organizada por este concello en colaboración con AFRICOR LUGO.
Trátase de exemplares procedentes de ganderías de Lugo, cunha sanidade e xenealoxía contrastada, e ademáis de beneficiarse do traballo de mellora que estan realizando as explotacións galegas, contribúese á economía local, pois ese diñeiro pasa a mans doutro gandeiro, axudando así uns a outros.
Nesta ocasión sairá á venda un lote de 17 animais, dos cales catro son xovencas próximas ao parto e o resto animais en produción.
Consulta aquí toda a información sobre os animais que se poxarán