Este sábado, 12 de marzo, a localidade lucense de Chantada recupera a súa tradicional poxa de gando frisón, organizada por AFRICOR Lugo, o Concello de Chantada e a cooperativa AIRA.
A poxa celebrarase a partir das 12:00 horas no mercado gandeiro. Sairán á venda un total de 17 animais procedentes de gandarías da provincia de Lugo: 12 vacas paridas e 5 xovencas próximas ao parto.
Grazas á colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibirán tres doses de Airas e tres de Caramelo por cada animal adquirido na poxa.
Estes son os 17 animais que sairán a venda: