Lista de solicitantes aos que non se lles concede a axuda do pago básico da PAC

Lista de solicitantes aos que non se lles concede a axuda do pago básico da PAC

Gandería nos Ancares

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) publica este xoves no Diario Oficial de Galicia a lista de solicitantes sen asignación de dereitos do réxime do pagamento básico da PAC 2016.

A Consellería do Medio Rural informa de que “os interesados terán información detallada da asignación mediante a notificación para o efecto ou na sede electrónica do Fondo Español de Garantía Agraria (www.fega.es)”.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a presidenta do Fogga, no prazo dun mes.

Motivos da denegación do pago básico:

Os principais motivos para a non asignación das axudas do pagamento básico da PAC son, por esta orde:

-O solicitante non tiña dereito a recibir pagamentos dunha solicitude de axuda de pagamentos directos en 2013. Motivo 01

-O produtor non percibiu importes dos réximes de axuda de pagamentos directos no ano 2014. Motivo 02.

-O solicitante non ten hectáreas admisibles determinadas declaradas na solicitude única 2013. Motivo 03.

Outros motivos de non asignación son que a persoa solicitante non ten hectáreas admisibles na campaña 2015 (motivo 04), que ten menos de 0,2 hectáreas admisibles na campaña 2015 (motivo 05) ou que o solicitante non é agricultor activo (motivo 08).

Consulta aquí a lista completa de solicitantes aos que o Fondo Galego de Garantía Agraria non lles asigna axudas do pago básico da PAC.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información