Lista de premiados 2018 da Denominación de Orixe Ribeiro

Publicidade
Lista de premiados 2018 da Denominación de Orixe Ribeiro

O Mosteiro de San Clodio acolleu esta tarde a entrega dos Premios D.O. Ribeiro, que celebraron a súa sétima edición nunha Gala organizada polo seu Consello Regulador na que se deron cita máis de 250 persoas vencelladas co sector vitivinícola galego e que serviu para dar a coñecer tamén os mellores viños da Denominación de Orixe deste ano.

Entre os asistentes estiveron autoridades coma o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo, a conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez, os directores xerais de Gandaría, Belén Docampo, de Desenvolvemento Rural, Miguel A. Pérez, o director de Agacal, Manuel Rodríguez, entre outros. Tampouco faltou unha importante representación política da comarca así como profesionais chegados de toda España, como maioristas e xornalistas especializados.

A xornalista Marga Pazos foi a encargada de conducir unha cerimonia na que se fixo fincapé na relevancia do sector do viño na comarca e no espazo que ao longo dos anos ten acadado o viño do Ribeiro no mercado nacional e internacional grazas ao traballo levado adiante polo conxunto do sector, conseguindo posicionar no lugar que actualmente ocupan os viños da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia.

Recoñecementos a viños e persoeiros

Durante a gala déronse a coñecer, ademais, os galardóns aos mellores viños da D.O. Ribeiro, designados por un panel de cata de expertos, que onte mesmo participou na cata final con mostras recollidas en mercado, seis de cada categoría. O mellor viño branco de adega recaeu en Alter de Priorato de Razamonde; o mellor viño branco de colleiteiro foi para Eduardo Bravo de José González Álvarez; e o mellor viño tinto é Joaquín Vázquez de Joaquín Vázquez Martínez. Foron finalistas na categoría de branco de adega Señorío da Vila, Beade Primacía, Antonio Montero Autor, Divino Rei e Terra do Castelo Treixadura. Na categoría de branco de colleiteiro chegaron á final Canción de Elisa, Cuñas Davia A Xiada, Lagar do Meréns, Eduardo Peña e Manuel Rojo. E por último, en canto aos tintos, The flower and the bee sousón, Mónica Albor Mencía, Viña do Campo Mencía, Son de Arrieiro e Priorato de Razamponde, foron os finalistas.


Ademais tamén se entregaron os premios honoríficos que recoñecen a traxectoria de distintos profesionais.
César Lumbreras, responsable de Agropopular na Cadena COPE, recolleu o premio “Persoeiro de Honra”; oxornalista Víctor de la Serna recibiu o galardón que recoñece a “Mellortarefa de comunicación”, Sonia Prince de Galimbertifixo o propio co premio “Muller e viño”, en nome da Asociación de Mujeres Amantes del Vino – AMAVI e o presidente de honra de Viña Costeira, Manuel García Montero, recibiu o de “Vida entre Vides”.

Ademais, na cerimonia recoñeceuse aos profesionais e establecementos galegos que procuran a excelencia. En “Mellor Servizo de Viño en Restaurante” destacouse á Bacelo Taberna Vinaria, de Ourense; o Premio “Mellor Tenda Especializada – Viñoteca” foi para LaTienda de Lino, an A Coruña; e o galardón á “Mellor Taberna-Bar de Viños” recaeu no Tamarindo, tamén situado na cidade das Burgas. Os finalistas na categoría de “Mellor Servizo de Viño en Restaurante” foron La casa de las 5 puertas (Pontevedra) e Paprica (Lugo), xuntocogañador, o Bacelo; no caso da MellorTenda Especializada – Vinoteca, os finalistas foron Juncal Alimentación (Pontevedra) e o Lagar (Burela), que compartiron final con La Tienda de Lino (A Coruña) e, finalmente, na categoría de Mellor Taberna-Bar de Viños, compartiron final co Tamarindo, ArteSana (Santiago) e Baraciña (Vigo).

Unha gala con protagonistas ourensáns

Esta edición da Gala de entrega dos Premios do Ribeiro taménfixo un guiño ao mundo artístico ourensán que correu da conta do artista urbano ourensán, Mon Devane, quenfixo en directo unha das súas obras plásticas empregando as técnicas do graffitie co particular estilo fotorrealista, e da man do pianista e compositor carballiñés Alfonso Medela Jazz, quen estivo a cargo da animación musical.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información