O Boletín Oficial da Provincia de Lugo vén de publicar a resolución das axudas da Deputación por valor de 300 euros coas que recuperar 582 hectáreas de terras abandonadas na provincia para poñelas en produción.
Os beneficiarios son agricultores ou gandeiros a título individual, agrupacións de produtores ou persoas xurídicas con titularidade na explotación que acreditaron como actividade profesional principal a agricultura ou a gandería. Cómpre lembrar que a través desta liña de axudas, o Goberno da Deputación ofreceu axudas a un total de 356 agricultores e gandeiros cos que poñen en produción 1.888 hectáreas de terreos baldíos.