O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución do Fondo Galego de Garantía Agraria, dependente da Consellería do Medio Rural, pola que se resolven as axudas para os produtores de carne galegos, co gallo de mitigar as consecuencias da invasión rusa de Ucraína. Así, houbo un total de 7.894 beneficiarios que recibirán unha achega total de 15.667.700 euros.
Esta liña de axudas -unha medida urxente, extraordinaria e excepcional- estableceuse para compensar as dificultades económicas atravesadas polo o sector por mor do incremento dos custos de produción derivado da alteración do mercado internacional de materias primas e subministracións.
Dende a Xunta destacan que “os interesados xa puideron acceder a estas achegas o verán pasado, a través de anticipos de entidade bancaria subvencionados polo Goberno galego que lles permitiron cobrar de inmediato e con custo cero para eles”.