A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Limagrain (LG) busca delegado comercial para a zona norte de Galicia

Semillas LG-Oferta empleo-Delegado Comercial GaliciaLimagrain Ibérica (LG Seeds), empresa de referencia en sementes de millo forraxeiro, entre outras, busca delegado comercial para a zona norte de Galicia.

Descrición do posto:

Obxectivo principal: Limagrain Field Seeds Ibérica, consolidada empresa pertencente ao Grupo Internacional Limagrain, líder no ámbito de os cultivos extensivos que centra a súa actividade na investigación, produción e comercialización de sementes, precisa en Galicia unha persoa para cubrir o posto de DELEGADO/A COMERCIAL (h/m).

Reportando ao Xefe Rexional de Cornixa e Portugal, e como Delegado Comercial de Limagrain, será responsable da programación e consecución dos obxectivos de venda e cota de mercado da empresa na área xeográfica asignada, xestionando ao seu equipo e realizando visitas e reunións con distribuidores e tamén gandeiros, da zona norte de Galicia.

Prospección, planificación e organización:

· Realizar análise da competencia e estudar ao cliente, distribuidores, etc. en colaboración co equipo comercial e de márketing, para preparar a estratexia do territorio e detectar oportunidades de negocio.
· Propoñer e executar o plan de acción de vendas do seu territorio a nivel distribuidor e gandeiro. Orzar e programar as vendas dos produtos ou servizos, por zona xeográfica, campaña e tipo de cliente, etc.

Control de resultados:

· Analizar os indicadores de vendas e estudar as desviacións establecendo plans de acción correctores xunto co Xefe Rexional.
· Facer o seguimento dos plans de acción para a súa consecución.

Responsable do equipo de zona:

· Establecer e facer o seguimento dos obxectivos anuais do seu equipo, xunto co Xefe Rexional.
· Fomentar o desenvolvemento profesional do seu equipo e realizar visitas de acompañamento.

Visita a canle de distribución, multiplicadores e agricultores:
· Promocionar variedades e novos servizos, produtos e tecnoloxías de LG.
· Adaptar a oferta de produto ás especificidades de cada zona e cliente, negociando e pechando condicións de venda e controlando e asegurando o risco, a xestión de stock en clientes, facturación, cobro, etc. ·
Atender e solucionar as reclamacións dos distribuidores, multiplicadores e clientes, documentándoas en CRM.
· Visitar a agricultores actuais e potenciais, detectando necesidades e facendo ofertas comerciais.
· Poñer en marcha as vitrinas e plataformas necesarias para ensinar o produto aos gandeiros e distribuidores e organizar as xornadas de campo, feiras e presentacións programadas.

Requisitos:
· Titulación en Enxeñería Agrícola, Enxeñería Agrónoma, Formación profesional agraria, agropecuaria, ou estudos similares.
· Experiencia mínima de 2 anos na área comercial do sector agrícola.
· Posibilidade de residencia en zona da Coruña.

Competencias:
· Enfoque no Cliente
· Servizo ao Cliente
· Iniciativa
· Comunicación
· Organización Persoal
· Planificación
· Habilidades de Negociación
· Traballo en Equipo
· Enfoque en Resultados

Desde a compañia relatan que ofrecen contrato indefinidido, unha contorna de traballo atractivo e con beneficios sociais para o persoal: Plan de Previsión Social, seguro médico, axuda comedor, vehículo de empresa, etc.

Para aplicar á oferta, débense dirixir ao seguinte URL: https://jobs.limagrain.com/LG/job/DELEGADOA-COMERCIAL-GALICIA/741-es_ES/

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *