Licitan 22 postos da praza de abastos e do mercado de Quiroga Ballesteros de Lugo

Haberá 15 espazos de varias actividades e 7 de hostalería. As concesións que se asinen durarán 25 anos

lugo arroxo_prazaabastosO tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo, anunciou a aprobación en xunta de goberno do procedemento de licitación para 22 postos na praza de abastos e no mercado municipal.

O procedemento permitirá ocupar 15 postos na Praza para distintas actividades, e 7 postos no Mercado destinados a actividades de hostalería e restauración. Estas instalacións contan de modo conxunto con 81 postos na praza de abastos e con outros 32 no mercado municipal.

Na praza de abastos, sairán a licitación os postos 12 (conxelados), 22 (panadería), 23 (carnicería), 28 (delicatessen), 32 (carnicería), 35 (herbolario), 37 (charcutería), 38 (café bar).

Outros postos incluídos na oferta que fai o goberno municipal para a Praza son o 39 (alimentación), 43 (vinatería), 44 (frutería), 45 (droguería), 47 (galletería), 48 (carnicería) e 49 (alimentación), que contan cunhas dimensións de entre 3, 11 e 17 metros cadrados.

O mercado de Quiroga Ballesteros sairán os postos 10, 13-14, 18, 19, 21, 23 e 25, dedicados a actividades do sector da hostalería e da restauración, con tamaños entre os 9.04 e os 19 metros cadrados.

Rubén Arroxo destacou que esta iniciativa do Concello está “a facilitar a instalación destes novos proxectos nestas dúas instalacións que son de referencia para o comercio local”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información