Leve suba nos prezos do gando vacún en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e dos ovos. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 7 de marzo

Leve suba nos prezos do gando vacún en Silleda

Cotizacións en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola lixeira suba nos prezos dos becerros de recría e do vacún maior. Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e manter a dos leitóns. Os ovos tamén soben as súas cotizacións, ao igual que o coello na Lonxa de Madrid.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes tenderon a unha pequena suba. Así, na de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 124 euros, fronte aos 115 da pasada semana. Na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media quedou nos 143 euros por xato, igual que o pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos subiron claramente ata unha media de 181 euros, fronte aos 159 da semana anterior.

En canto aos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos esta semana foron máis irregulares. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias baixaron nos machos ata os 253 euros, fronte aos 318 da pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos situouse nos 342 euros de media, cunha lixeira baixada de 7 euros con respecto ao pasado martes. Pola contra, nas femias subiu o prezo medio de 221 a 233 euros. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio subiu claramente ata os 462 euros, fronte aos 384 euros de media da pasada semana.

No vacún maior a tendencia xeral foi a unha leve suba na categoría segunda. Deste xeito, quedaron en 1.066 euros de media en categoría primeira, 740 en segunda -a máis numerosa- e 444 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.103, 721 e 447 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

silleda_vacun_01_3_17

Suba dos ovos e do coello

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha semana máis subir as cotizacións un 0,030% nas categorías L , M e S, quedando nos 1,22, 1,12 e 0,94 euros a ducia, respectivamente. A XL subiu un 0,02% ata os 1,38 euros a ducia.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse subir un 0,10% os prezos da pasada semana, ata acadar os 1,70 euros o quilo.

Suba do porco cebado e sen cambios nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,01%, acadando os 1,275 e 1,250 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,623 euros por quilo. O desvelle tamén subiu as cotizacións un 0,02%, ata quedar nun intervalo de prezos de entre 0,84 e 0,90 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións subiron esta semana un 0,02% ata os 1,540 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea a tendencia foi a unha lixeira suba ou á estabilidade.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións da pasada semana nos 57 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 62 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

silleda_porcino_01_3_17

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información