Leve suba nos prezos de Ternera Gallega

Leve suba nos prezos de Ternera Gallega

Os prezos do gando que concorreu hoxe ao Mercado de Amio mantéñense como na sesión anterior para todas as categorías e calidades do vacún de cebadero e de matadoiro.

Pola contra, os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron por maioría subir 0,02 euros os prezos das canles da categoría Suprema e 0,05 euros os das de categoría Ternera.

Finalmente, a asistencia de animais foi de 1.498 reses, 27 máis que á do 4 de decembro. En detalle, concorreron 1.278 cabezas de vacún menor (12 menos que na sesión anterior); 85 de vacún mediano (36 máis que a semana pasada) e 135 de vacún grande (+3).

Máis información

– Táboa completa dos prezos de Amio (11-XII-2024)

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información