Leve baixada no prezo dos becerros de recría en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e dos leitóns. Baixan os ovos e o coello. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 19 de xaneiro.

Leve baixada no prezo dos becerros de recría en Silleda

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia caracterizáronse polas lixeiras baixadas nos prezos dos tenreiros de recría, mentres que o vacún maior mantívose estable.

Deste xeito, nos tenreiros de Frisoa, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 69 euros, fronte aos 59 do pasado martes. Con todo, a cifra representativa, é a dos de 21 a 50 días, con diferenza a categoría máis numerosa, onde a media foi de 93 euros por xato, fronte aos 98 da semana pasada. E nos tenreiros de máis de 51 días: 129 euros de media por animal fronte aos 126 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruzamento industrial a tendencia foi tamén lixeiramente á baixa, excepto nos de máis de 51 días, que se pagaron a unha media de 462 euros, fronte aos 451 do pasado martes. Pola contra, os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 376 e a 289 euros os de menos de 20 días. A pasada semana os prezos foron de 386 e 358 €, respectivamente.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables: 1.109 euros de media en categoría primeira, 715 en segunda e 436 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.048, 715 e 442 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_VACUN_SILLEDA_19-01-16

Ovos e coello á baixa

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse unha baixada de prezos en todas as categorías: a ducia de XL baixou un 0,33% ata os 1,20 euros; a L un 0,26% ata os 1,10 euros a ducia; a categoría M caeu un 0,25% ata os 1,00 euros mentres que para a S acordouse unha baixada do 0,16%, situándose nos 0,90 euros por ducia de ovos, tanto brancos como mouros.
Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos baixaron un 0,01% ata os 1,40 €/quilo, marcando de novo prezos mínimos.

Soben o porco cebado e os leitóns

A mesa de prezos tamén acordou hoxe subir as cotizacións do porco cebado, despois de máis dun mes de baixadas consecutivas. Deste xeito, a categoría Selecta sube un 0,02% ata os 0,915 euros por kilo; idéntica suba se acordou para a categoría normal, que se sitúa nos 0,890 euros por kilo, mentres que para o Canal II a suba acordada foi do 0,026%, ata os 1,156 euros por kilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos subiron un 0,03% ata os 1,31 euros o quilo.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos, desta vez un 2,5%. Deste xeito quedaron nos 38,5 euros os procedentes de varias explotacións e nos 43,5 euros os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

COTIZACIONS_PORCINO_SILLEDA_19-01-16

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información