A sesión deste martes na Central Agropecuaria de Galicia-Abanca caracterizouse pola leve baixada nos prezos do gando vacún, unha tendencia que tamén se produciu nas cotizacións do porcino.
Baixada na recría

Na recría, os becerros frisóns machos de 15 a 20 días rexistraron un prezo medio por animal de 239 euros, 21 máis que o pasado martes. Porén, na categoría maís numerosa, a de 21 a 50 días, a cotización media situouse nos 257 euros por xato, 12 menos que a semana pasada.
`
Nos becerros de cruce houbo tamén altibaixos: Na catoría de 15 a 20 días houbo unha forte suba, tanto nos machos (118 euros) commo nas femias (107), mentres que na de 21 a 50 días, a que rexistra maior afluencia, baixaron os prezos medios dos machos (11 euros) e subiron 88 euros de media as femias. Nas becerros de máis de 50 días houbo baixadas tanto nos machos (119 euros menos) como nas femias (-75 euros). Nos becerros de recría de Rubia Galega, na categoría de máis de 50 días os prezos medios tamén baixaron nos machos (93 euros) mentres que nas femias subiron 49 euros de media.
Polo que respecta aos becerros carniceiros, houbo suba nos machos e baixadas nas femias. Así, nos de cruce os prezos medios foron de 1611 e 1301 euros por animal, fronte aos 1523 e 1477 euros, respectivamente da semana pasada. Idéntica tendencia en Rubia Galega: 1662 euros de media nos machos este martes e 1508 euros nas femias, fronte aos 1518 e 1564 da semana pasada.
Por último, no vacún maior, a tendencia foi á baixa nas categorías Extra (-103 euros) e Primeira (-19 euros) , mentres que subiron as vacas cualificadas como de Segunda (+100 euros).
Baixada no porcino
As mesas de cotizacións do porcino mantivéronse sen cambios nos leitóns. Os exemplares chegados dunha única granxa están nos 56 euros (cun prezo de 2,80 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 51 euros e cun prezo por quilo de 2,55 euros.
Nos animais cebados, o porco selecto e o normal teñen un valor de 1,795 e 1,790 euros o quilo, respectivamente, cunha baixada de 0,020 euros por quilo respecto ao pasado mmartes. Os porcos de Canal II están a 2,229 euros, 0,026 euros menos. Os animais de descarte cotízanse 0,70 e 0,76 euros o quilo, 0,020 euros menos.
O mercado do ovo mantense sen cambios en tódalas categorías. Así, os XL quedan nos 3,35 euros a ducia; os L en 2,85 euros; os ovos da M a 2,68 euros e os da S páganse a 2,36 euros a ducia. As galiñas de descarte semipesadas mantéñense sen variacións e cotízanse entre os 0,36 e os 0,44 euros o quilo.
O prezo do coello está nos 2,3 euros o quilo segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Cambios na poxa do vindeiro martes
Por outra parte, a Central Agropecuaria de Galicia informa de que na sesión do vindeiro martes, 12 de agosto, suspéndese a poxa de becerros de recría. Celebrarase a de pasteiros (de 3 a 6 meses). Mantense a de becerros cebados e vacas en horarios habituais.
Galego









Control OJD