A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

“Levaremos a GandAgro unha mostra dos mellores animais de raza Fleckvieh”

“Levaremos a GandAgro unha mostra dos mellores animais de raza Fleckvieh”

Alexander Manrique-Gómez, manager internacional de Fleckvieh Austria e director de vendas de geneticAUSTRIA GmbH para España, Portugal, Latinoamérica e outros países

A raza Fleckvieh austríaca, un referente en rendibilidade para as gandarías de vacún de leite, estará tamén presente en CIMAG GandAGRO, da man de geneticAustria e Ganados Barreira, o seu representante oficial para España.

Falamos co enxeñeiro Alexander Manrique-Gómez, manager internacional de Fleckvieh Austria e director de vendas de geneticAUSTRIA GmbH para España, Portugal, Latinoamérica e outros países, para coñecer máis detalles.

Por que Ganados Barreira e geneticAUSTRIA decidistes participar cunha caseta propia en GandAgro 2023, a Feira Profesional de Maquinaria Agrícola, Gandaría e Agricultura, que se celebrará en Silleda (Galicia) do 2 ao 4 de marzo?
CIMAG GandAgro é unha feira profesional de referencia en Europa, e representa para nós un punto de encontro moi importante para o sector gandeiro non só de Galicia senón tamén de España.

Por tanto, é unha feira que contribúe ao progreso do sector gandeiro, en concreto de vacún, nunha das rexións de referencia a nivel europeo en produción de leite.

É por iso, que tanto Ganados Barreira como geneticAUSTRIA decidimos ter presenza novamente en CIMAG GandAgro baixo o paraugas da Federación de Bovinos de Austria (Rinderzucht Austria).

Non é a primeira vez que acudides..Como valorades este certame?
O sector gandeiro austríaco sempre tivo en conta esta feira e participamos nalgunhas edicións pasadas.

Un dos motivos para estar presentes é tamén que o representante oficial de geneticAUSTRIA para España e Portugal, Ganados Barreira, ten a súa sede en Lugo e é un referente na importación de animais para as gandarías galegas. Por tanto, esta feira é tamén un punto de encontro perfecto para atender os nosos clientes e facer novos contactos con todos aquelas persoas que queiran coñecer as vantaxes da raza Fleckvieh.

Que atoparán os visitantes no voso stand?
Na nosa caseta en CIMAG GandAgro os visitantes atoparán un equipo profesional dispostos a transportalos ao mundo gandeiro de Austria, un país que destaca por gandarías familiares e cunha alta porcentaxe de remuda xeracional -é o país con máis proporción de agricultores e gandeiros novos da Unión Europea-, algo no que tamén inflúe o feito de apostar por unha raza rendible, como é a Fleckvieh, que representa máis do 75% da cabana bovina austríaca.

Neste sentido, na nosa caseta estarán presentes as organizacións gandeiras máis importantes do país, como son geneticAUSTRIA (Ponte de exportación); Fleckvieh Austria (Asociación e grupo de traballo da raza Fleckvieh); Rinderzucht Austria (Casa nai da gandaría austríaca); NOE GENETICK (Asociación de criadores de Fleckvieh, Holstein e Brown Swiss da rexión de Baixa Austria), así como o noso representante, Ganados Barreira.

Tedes prevista algunha charla ou xornada técnica durante CIMAG GandAgro?
Si, temos o pracer de asistir a este evento xunto á compañía do director executivo de Fleckvieh Austria, o enxeñeiro Reinhard Pfleger, quen xunto ao director de vendas de genetIcAUSTRIA impartirán unha charla sobre a Fleckvieh austríaca, unha raza moito máis resiliente -con menos problemas de saúde, maior número de lactacións e outro tipo de vantaxes-, que está a cambiar o mundo da gandaría de vacún a nivel mundial.

A conferencia será o venres 3 de marzo, de 12:00 a 14:00 horas, na sala 1 do Halle 1. Esperamos a súa asistencia!

Levaredes animais á exposición de gando?
Si, levaremos unha mostra de animais moi interesante que representan a raza Fleckvieh dobre propósito e provenientes de liñas xenéticas de Austria, cuxo material xenético está dispoñible en España a través de Ganados Barreira. Son animais que seleccionamos polas súas boas producións de leite tanto en litros como en sólidos (graxa e proteína), pero ao mesmo tempo polas súas fortalezas nos trazos do fitness (saúde do ubre) e que destacan pola súa excelente conformación.

En total levamos tres vacas en produción (unha na primeira, outra na segunda e outra na terceira lactación), así como tamén tenreiras, algunhas delas xa xenotipadas e outras en espera, procedentes de liñas xenéticas punteiras en Austria neste momento. Todos os animais estarán en venda para os gandeiros e gandeiras interesados. Non se perdan esta fermosa oportunidade!

Por último, destacar que na seguinte semana a CIMAG GandAgro está prevista unha visita a varias gandarías galegas que xa están a se beneficiar das vantaxes que achega a Fleckvieh austríaca co fin de continuar prestando o noso servizo de asesoría, pois para nós é fundamental e o noso primeiro obxectivo o bo funcionamento e éxito destas explotacións gandeiras que contan con gando de Fleckvieh Austria.

Quedan todos cordialmente convidados a visitarnos no noso stand de “Cattle Breeders Austria”, no Pavillón 2, preto ao restaurant do mesmo.

Adxunto dita invitación, a cal lles permitirá a todos os nosos interesados, rexistrarse e recibir a súa acreditación para este gran evento.CONVITE GENETIC AUSTRIA GANDAGRO 23

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *