A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia, na súa reunión deste martes, 10 de febreiro, acordou unha lixeira suba do 0,02% no prezo do porcino, en consonancia coas cotizacións dos mercados español e europeo.
Os prezos quedaron do seguinte xeito:
Os bacoriños soben un 2,5%
Nos leitóns, partindo de base de 20 kg, a suba acordada foi notablemente maior, un 2,5% até os 48,00 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 43,00 para os procedentes de varias.