A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia, na súa reunión deste martes, 17 de febreiro, acordou unha lixeira suba do 0,03% no prezo do porcino, en consonancia coas cotizacións dos mercados español e europeo. O porco cebado selecto queda nos 1,105 €/kg e o normal nos 1,080 €/kg.
Os prezos quedaron do seguinte xeito:
Os bacoriños soben un 2,0%
Nos leitóns, partindo de base de 20 kg, a suba acordada foi notablemente maior, un 2,5% até os 50 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 45 € para os procedentes de varias.